Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/06/22 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A rede autonómica de estradas rexistrou un aumento medio de tráfico do 18,1% en 2021, fronte ao retroceso do 20,8% motivado pola pandemia en 2020

O tráfico medio rexistrado no conxunto das estradas da Xunta foi de 2.985 vehículos ao día, cifra que sube na rede cualificada como estruturante ata os 6.349 vehículos diarios

29/06/22 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 394.000 euros as obras que dotarán de acceso o futuro parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212

Conectarase a estrada autonómica co viario interior do futuro parque de Lebozán, dándolle maior operatividade á área industrial e reforzando a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio

28/06/22 | 18:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a Lei de mellora da xestión do ciclo da auga como un gran apoio aos concellos que marcará un antes e un despois na calidade dos servizos aos cidadáns e no coidado das rías e dos ríos

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade pon en valor o carácter transformador da norma, unha ferramenta de axuda aos concellos para a xestión das súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración

28/06/22 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a consulta ambiental o proxecto de trazado da primeira fase da variante de Carballo, que suporá un investimento autonómico de máis de 18,7 M€

A intervención permitirá que os tráficos de longo percorrido que actualmente discorren a través da trama urbana de Carballo e da AC-552 poidan canalizarse por unha nova vía perimetral pola zona leste do municipio

28/06/22 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acondicionará paradas de autobús na estrada PO-400, no concello de Crecente

As obras, adxudicadas por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas

28/06/22 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en seis estradas autonómicas de Pontevedra e do Salnés, que suporá un investimento de 1,3 M€

Os traballos comezaron pola PO-312 na Toxa, no concello do Grove, e inclúen obras na PO-300 en Meis, Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia; na PO-309 en Poio; na PO-316, tamén no Grove; na PO-308 en Sanxenxo; e na PO-531 en Pontevedra
 

27/06/22 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta deixa sen efecto o proxecto sometido a información pública da senda na estrada OU-402 en Reza

O DOG publica hoxe a resolución que anula o expediente de información pública da senda, prevendo a redacción dun novo proxecto que reduza as afeccións ás propiedades

27/06/22 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abrirá a nova estación de autobuses o 1 de agosto se o Concello finaliza os accesos no prazo establecido na comisión de seguimento

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou da data de apertura da Intermodal á espera de que o Goberno municipal acabe o nodo de entrada e saída á AP-9

26/06/22 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego de Gandarío, no concello de Bergondo

Estes traballos desenvólvense no percorrido do rego ao seu paso pola parroquia de San Xoán de Ouces