Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

03/07/22 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acondicionará a parada de autobús da estrada PO-308 en Laño, no concello de Poio

Nas vindeiras semanas comezarán os traballos, adxudicados por máis de 32.000 €

03/07/22 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos de distintos ríos ao seu paso polo concello de Vila de Cruces

Estes traballos desenvólvense en tramos dos ríos Beuvas, Añobre, Frontilleiro, e outros tres innominados, ao longo de máis de 3 quilómetros

02/07/22 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de ampliación e ordenación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña

 A actuación permitirá incrementar o espazo de aparcadoiro e poñer á disposición dos usuarios 31 prazas ordenadas, ao tempo que se habilita unha vía perimetral que favorecerá a circulación en anel bordeando o aparcadoiro

02/07/22 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas de empresas para executar as obras do ‘by-pass’ no río Anllóns, en Carballo, que suporán un investimento de máis de 282.000 €

Esta intervención ten como obxecto mellorar a capacidade hidráulica do río ao seu paso polo emprazamento de Muíño do Quinto

01/07/22 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 165.000 euros na mellora do firme da vía autonómica de altas prestacións entre Chantada e o Alto do Faro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os traballos para reforzar a seguridade nese treito acaban de comezar e durarán ata mediados de xullo

01/07/22 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que na vindeira primavera se iniciarán as obras para transformar a estrada AC-305 ao seu paso por Palmeira en Rúa, cun investimento de 2,2 M€

Vázquez Mourelle indica que a actuación en Palmeira, que se centrará en recuperar o espazo público para os veciños e reforzar a seguridade viaria, servirá de modelo para as outras intervencións proxectadas nos municipios polos que discorre a AC-305

01/07/22 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 37,8 M€ as obras da estación de autobuses da intermodal da Coruña

Trátase da execución da nova terminal de autobuses e o aparcadoiro subterráneo, cun investimento de 29,7 M€; e o proxecto de elementos comúns elaborado por ADIF, cun orzamento de 10 M€, que materializará a Xunta

01/07/22 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 205.000 euros as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504, no Concello de Sanxenxo

Mellorarase a accesibilidade peonil e a seguridade viaria ao longo desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450

01/07/22 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 205.000 euros as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504, no concello de Sanxenxo

Mellorarase a accesibilidade peonil e a seguridade viaria ao longo desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450

01/07/22 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-434 en Laxe, que suporán un investimento de preto de 220.000 euros

As empresas interesadas en acometer a actuación, cun prazo de execución de 2 meses, terán ata o vindeiro 27 de xullo para presentar as súas ofertas