Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

08/07/22 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/07/22 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Vilaboa, no concello de Culleredo, para facilitar o regreso de madrugada cara á Coruña

Haberá un servizo á 01:00 da madrugada os días 10, 11, 12 e 13 de xullo, e un adicional á 01:45 o día 13, de Vilaboa a Entrexardíns, pasando por Alfonso Molina

07/07/22 | 15:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanzará as primeiras axudas aos concellos para realizar auditorías das redes de abastecemento e minimizar as fugas de auga

Explica que o obxectivo destas achegas é reducir á metade os niveis de fuga para que non superen o 20%

07/07/22 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 260.000€ as obras que permitirán completar a rede de saneamento do concello de Irixoa

Desenvolveranse 5 ramais en tubaxe para conducir as augas residuais á depuradora do municipio

07/07/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 365.000€ a mellora da depuradora de Comboa, no concello de Soutomaior

Mellorarase o estado das instalacións e incrementarase o control sobre a explotación da depuradora, ademais da activación de sistemas de desodorización, promovendo un avance na calidade ambiental da zona

06/07/22 | 16:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mantén a declaración de seca prolongada en toda a Demarcación Galicia-Costa ante os baixos caudais dos ríos

Os caudais circulantes en xuño seguen por debaixo dos valores habituais para esta época do ano, un 25% menos ao ter en conta os dos últimos dez anos

06/07/22 | 15:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará este verán os traballos de conservación fluvial no treito do río Tambre en Ponte Boado, cun investimento de 14.000 €

A intervención enmárcase nos traballos previstos este ano no río Tambre, nos que Augas de Galicia leva xa investidos 35.000 €, quedando pendentes intervencións valoradas en máis de 44.000 €

06/07/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A falta de confirmación do Concello de Vigo sobre o remate dos accesos e a autorización do ministerio impiden que a Xunta abra a estación de autobuses intermodal o 1 de agosto

A Xunta vese na obriga de retrasar a apertura da estación de autobuses ao ter rematado o prazo do 4 de xullo dado ao Concello para que achegase a documentación necesaria para activar o traslado dos servizos da estación da avenida de Madrid

06/07/22 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mobilizará en dous anos máis de 5M€ en obras de mellora da seguridade e de conservación das estradas autonómicas na área de Noia

Francisco Menéndez avanza que en outono comezará o reforzo do firme da estrada AC-550 entre Noia e Ribeira, cun investimento de 2,7 M€

06/07/22 | 11:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias anuncia a licitación das obras de mellora na estrada autonómica PO-315 en Cangas por máis de 257.000 €

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou que os traballos se desenvolverán entre os puntos quilométricos 10+100 e 10+380 e na entorna do quilómetro 13+500