Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

13/07/22 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o inicio da información pública do proxecto das novas sendas nas vías PO-302 e PO-306 en Vilanova de Arousa, cun investimento de case 1,3 M€

Durante un período de 30 días hábiles, as persoas que así o desexen poden formular observacións relativas á concepción global do trazado deseñado
 

13/07/22 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da senda entre A Ponte e Santa Cataliña, en Santa Comba, que estarán rematadas na primavera cun investimento da Xunta de 177.000 €

Habilitarase un itinerario peonil pola marxe dereita da estrada AC-404, de 450 metros de lonxitude e 1,8 metros de ancho, que unirá as zonas de beirarrúas actuais acadando un itinerario continuo que conecta os principais equipamentos

13/07/22 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Mugardos dun treito antigo da actual estrada autonómica AC-133, na Fonte Grande

Transfírese un tramo de 136 metros de lonxitude do treito antigo da marxe esquerda desta vía autonómica, xunto co seu dominio público viario asociado, de 2.445 m²
 

13/07/22 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 242.000 euros na construción dunha senda peonil na estrada AC-524, no concello de Frades

Habilitarase unha senda de 770 metros pola marxe esquerda da estrada, que permitirá a conexión do núcleo rural de Pibideira cos do Pazo e Sobre dos Campos

13/07/22 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias inaugura a praza “Miguel Ángel Blanco” na Cidade da Xustiza de Vigo en memoria da democracia e para “non esquecer nunca a un home valente e comprometido”

A delegada territorial da Xunta en Vigo presidiu o acto solemne de apertura do espazo público co que se rende homenaxe ao concelleiro de Ermua asasinado hai hoxe 25 anos pola banda terrorista ETA

12/07/22 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata os traballos de mellora da depuradora dos Praceres, que permite un salto de xigante na calidade da auga da ría de Pontevedra ao conseguir eliminar o 90% de contaminantes

Vázquez Mourelle destaca que as obras, cun investimento de 16,5 M€, se centraron na mellora da liña de auga para cumprir os límites de vertido da lexislación europea

12/07/22 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 820.000 € as obras de mellora do saneamento de Ver e de Boebre, no concello de Pontedeume

O obxectivo da actuación é eliminar os vertidos procedentes destes núcleos, para o que se construirá unha nova estación de bombeo en Ver e nova rede de colectores e impulsión, ademais dunha estación depuradora en Boebre

12/07/22 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta porá en servizo este mes de xullo o acceso provisional a Folgoso do Courel, alternativa ao treito cortado da estrada LU-651

Trátase dunha solución a curto prazo para garantir o paso do tráfico, tamén para vehículos pesados

11/07/22 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que en outono os veciños de Castro de Rei terán á súa disposición unhas beirarrúas renovadas, accesibles e seguras que completan un investimento da Xunta de 700.000 € na LU-113

A intervención, cun investimento de case 420.000€, desenvólvese ao longo de case un quilómetro, desde a praza de Galicia ata a saída do núcleo

11/07/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación das expropiacións para completar a mellora da PO-234 entre Cerdedo–Cotobade e Ponte Caldelas, cun investimento de máis de 1 M€

Actuarase na vía entre Laxoso e o cruce do Portasouto, incluíndo a mellora dos itinerarios peonís, da calzada e dos seus elementos para reforzar a seguridade viaria