Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

19/07/22 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
18/07/22 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Augas de Galicia emite a proposta de autorización de vertido da Mina de San Finx, no Concello de Lousame, condicionada ao cumprimento de 18 requisitos e das normas de calidade ambiental

A titular da explotación e os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, a contar desde o seguinte da notificación, para presentar alegacións

18/07/22 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras dunha nova senda peonil na estrada AC-305 en Burés, no concello de Rianxo

A obra, cun investimento de 50.000€, atende unha demanda veciñal e dará acceso a unha parada de autobús na marxe esquerda, que se instalará ao remate da actuación

18/07/22 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a tramitación ambiental do proxecto do novo Hospital Público da Coruña

O proxecto de interese autonómico do ‘Novo CHUAC’ sométese a información pública desde hoxe ata o 31 de agosto para a súa avaliación ambiental estratéxica co fin de avanzar cara á súa aprobación definitiva a comezos de 2023

18/07/22 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a transformación da estrada Pontevedra-Marín nun eixe de mobilidade sostible co investimento de case 950.000 no acondicionamento da vía en Estribela

Vázquez Mourelle sinala que o obxectivo desta actuación “ambiciosa” é que a PO-546 en Estribela sexa máis unha rúa e menos unha estrada, garantindo a seguridade dos peóns

18/07/22 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica o cambio de titularidade a prol da Xunta do treito final do antigo acceso ao porto de Lorbé, en Oleiros

Transfírese o treito de 210 metros da estrada provincial DP-5802, dando continuidade á vía autonómica AC-526 ata o novo acceso ao porto, aberto ao tráfico en 2017 pola Xunta tras un investimento de máis de 1,6 M€
 

18/07/22 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/07/22 | 16:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/07/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 3 empresas para a redacción do proxecto do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de 4,2 M€

O novo centro contribuirá ao fortalecemento da ciberseguridade na administración pública, na cidadanía e nas empresas

16/07/22 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa ao alcalde da Rúa da adxudicación da redacción do proxecto do novo Centro de Saúde

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade abordou co rexedor, Álvaro Fernández, este contrato, adxudicado por 115.000 euros