Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

21/07/22 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a mellora do firme na autoestrada do Val Miñor e no tramo A Coruña–Carballo da AG-55, que suporá un investimento de 1,55 M€

Na AG-57 procederase á eliminación do chanzo lateral, executando un recrecido nas beiravías, de xeito que se iguale en altura todo o ancho, mellorando a seguridade
 

20/07/22 | 18:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A xunta aborda cos concellos do Barbanza e Porto do Son a proposta de reforzo dos servizos de autobús que conectan a bisbarra con Santiago

A concesionaria do servizo propón crear unha liña directa entre Ribeira e Compostela cunha duración reducida estimada en 60 minutos

20/07/22 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras destinadas a reducir o risco de inundación dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar cun investimento de 2,6M€

As bacías destes ríos forman parte dunha área de risco potencial de inundación, un perigo ao que a Xunta contribuirá a minorar para colaborar co Concello
 

20/07/22 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa a modernización e dotación de eficiencia enerxética e a reforma dos aseos do CEIP Viñas de Poio cun investimento de 389.000€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde, Luciano Sobral, informa do próximo comezo das obras de substitución de todas as carpintarías exteriores nunha visita ao colexio público

20/07/22 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos de autobús especiais para as festas do Burgo, de Mera e do Parque Acuático de Cerceda

Os días 22 e 28 haberá dous servizos máis de ida entre A Coruña e O Burgo e para a volta habilitaranse dúas expedicións do 23 ao 27, e seis os días 22 e 28

20/07/22 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas nas comarcas do Ribeiro e de Celanova

Os traballos contan cun prazo de execución de 4 meses e iniciaranse a finais do mes de agosto para rematalos este mesmo ano
 

19/07/22 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta agarda a comprobar sobre o terreo a eficacia das alternativas propostas polo Ministerio para o tráfico da A-6

O desvío que se porá en servizo mañá é unha actuación de mínimos que non acurta o paso pola N-VI nin polo núcleo de Pedrafita, xa que só permitirá o tránsito por ambas as calzadas nun treito da autovía, en lugar de por unha soa
 

19/07/22 | 14:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta construirá unha senda peonil na estrada autonómica OU-150 nas Barxas, no concello de Coles

O contrato de obras foi adxudicado por máis de 48.000 euros, prevéndose o inicio dos traballos nas vindeiras semanas

19/07/22 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía en 400.000€ o crédito das axudas para adquirir taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos, mobilizando un total de 900.000€

Amplíase a convocatoria publicada en decembro de 2021 á que se presentaron 192 solicitudes, que esgotou o crédito de 500.000€ e permitiu a concesión de 93 axudas

19/07/22 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez chama a practicar a ‘Visión Cero’ para reducir ao mínimo as vítimas de accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade segura para todos

Vázquez Mourelle destaca que o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025 da Xunta é a folla de ruta para traballar pola seguridade viaria na comunidade coa novidosa “Visión Cero”