Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

28/07/22 | 16:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias reitera ao Concello por carta que comunique a data de fin de obra para poñer en marcha a estación e agarda que “por respecto aos vigueses non haxa actitudes desleais”

A delegada territorial da Xunta en Vigo remitiu hoxe unha nova carta ao Concello para pedir outra vez que informe oficialmente sobre a data en que estarán acabados os accesos e así poñer en marcha o traslado da Estación de Autobuses
 

28/07/22 | 15:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 230.000€ as obras para a instalación de 43 novas marquesiñas de autobús nas estradas autonómicas das catro provincias

Este contrato formalizarase nos vindeiros días para proceder a instalar novos refuxios en estradas da rede viaria da Xunta ao seu paso por 32 municipios

28/07/22 | 11:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o sábado novos servizos de autobús directos desde Tui ata Praia América, en Nigrán

Os servizos estarán activos durante os meses de xullo e de agosto para facilitar os desprazamentos á praia desde Tui, que non contaba con conexións directas

27/07/22 | 20:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e os concellos do sistema de abastecemento de Pontevedra acordan reducir o consumo de auga e afrontar a seca con información, coordinación e responsabilidade

Coinciden na necesidade de evitar o uso innecesario de auga, suprimindo baldeos, regas de xardíns, lavapés e duchas nas praias, enchido de piscinas, o lavado de coches, as fontes ornamentais e actividades lúdicas que malgasten o recurso hídrico

27/07/22 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Universidade de Santiago traballarán conxuntamente para converter en recursos produtos recuperados nas depuradoras, avanzando na economía circular da xestión da auga

O acordo, cunha achega autonómica de case 340.000€ e vixencia ata o 31 de maio de 2023, ten como fin pór en valor produtos xerados nas estacións de tratamento: enerxía, bioplásticos ou elementos de interese para determinados sectores industriais
 

27/07/22 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da segunda fase da mellora do abastecemento de auga ao concello de Castro de Rei

Os traballos permitirán incrementar as condicións de presión na rede de abastecemento no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea e no polígono industrial para evitar problemas de abastecemento en época estival
 

27/07/22 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/07/22 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 48.000€ as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do concello de Larouco

O obxectivo é asegurar un subministro de auga de calidade mediante a instalación dun equipo de medición da turbidez que axuste o volume de auga que se envía aos filtros
 

26/07/22 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,2 M€ as obras de mellora do firme na LU-113 no concello de Abadín

Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses e iniciaranse en agosto

26/07/22 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras dunha nova senda na estrada autonómica AC-301 no concello de Rois

Os traballos contan cun investimento autonómico de 725.000 € e teñen un prazo de execución de 8 meses