Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

01/08/22 | 16:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de renovación da avenida do Bierzo, no Barco de Valdeorras, que supuxeron un investimento de 780.000 euros

A actuación desenvolveuse nos primeiros 655 metros da estrada autonómica OU-622, para reforzar a seguridade e facer máis accesible a súa contorna

01/08/22 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,1 M€ as obras de mellora do firme en 6 estradas autonómicas da provincia da Coruña

As obras comezarán a finais de mes e teñen un prazo de execución de seis meses
 

01/08/22 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas de ata 700 € para a adquisición de bicicletas eléctricas, con xa 92 establecementos adheridos

Os incentivos poden solicitarse desde hoxe e ata o 15 de novembro, sendo os establecementos adheridos os encargados de tramitalos ante a administración

31/07/22 | 17:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe ofertas de 5 empresas para executar a mellora do firme na estrada autonómica AC-434 en Laxe, cun investimento de preto de 220.000 euros

A actuación, cun prazo de execución de 2 meses, prevé a rehabilitación do firme nun treito de case 2 km de lonxitude para mellorar a seguridade
 

31/07/22 | 16:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
31/07/22 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Cea, en Vilagarcía de Arousa

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos detectaron unha achega con orixe na rede de saneamento municipal, ao non funcionar a estación de bombeo
 

30/07/22 | 17:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dota de iluminación a Ponte Nafonso, que une os concellos de Noia e de Outes, contribuíndo á súa posta en valor e ao reforzo da seguridade de vehículos e de peóns

A iluminación escollida realza a monumentalidade da infraestrutura, seguindo o modelo usado na Ponte Sampaio, en Pontevedra
 

30/07/22 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,5 M€ o desenvolvemento dun sistema avanzado de xestión da auga para aumentar a resiliencia ante o cambio climático

O obxectivo desta iniciativa enmarcada no proxecto Innovaugas 4.0 é anticipar e adaptar a xestión dos recursos hídricos aos eventos de inundación e de seca
 

29/07/22 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a adxudicación da redacción do proxecto construtivo que completará a autovía Nadela-Sarria, cunha 1ª fase executada ao 75% para entrar en servizo en outubro

Vázquez Mourelle sinala que o treito xa en execución entre A Pobra e Sarria, cunha lonxitude de 11,5 km, reforzará a seguridade viaria, a calidade de vida e a competitividade da provincia
 

28/07/22 | 16:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 230.000 € as obras para a instalación de 43 novas marquesiñas de autobús nas estradas autonómicas das catro provincias

Este contrato formalizarase nos vindeiros días para proceder a instalar novos refuxios en estradas da rede viaria da Xunta ao seu paso por 32 municipios