Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

08/08/22 | 16:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada aos concellos da bacía do Lérez a necesidade de intensificar a redución do consumo da auga para garantir o abastecemento na área

Aínda que o caudal medio do río está estable nos últimos días, os datos de consumo no sistema de abastecemento de Pontevedra non amosan descenso

08/08/22 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre ao tráfico a Ponte Nafonso, que une Noia e de Outes, ao rematar as obras de mellora de seguridade e posta en valor, cun orzamento de máis de 700.000 €

A ponte xa loce desde hai dúas semanas a nova iluminación, que realza a monumentalidade da infraestrutura, seguindo o modelo usado na Ponte Sampaio, en Pontevedra

08/08/22 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de varios treitos das estradas PO-331, PO-332 e PO-340

Entre os tramos que se transfiren atópanse algunhas das rúas principais da capitalidade do concello, como a rúa Ángel Urzáiz, Eduardo Iglesias ou un treito da avenida de Elduayen

08/08/22 | 11:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Ames da avenida da Peregrina de Bertamiráns

A transferencia enmárcase na colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a entidade local para acondicionar este tramo de vía, cun investimento autonómico de case 82.000 euros

07/08/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de ampliación da avenida da Deputación no polígono de Sabón, en Arteixo, fan necesario un corte de tráfico a partir do martes

O corte producirase no tramo da avenida da Deputación que discorre entre a glorieta da ITV e a rotonda da avenida Arsenio Iglesias

07/08/22 | 10:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada AC-550 ao seu paso polo concello de Muros

Paralelamente, iniciaranse os traballos na PO-510, á altura do municipio de Salceda de Caselas

07/08/22 | 10:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu xa máis do 66% das axudas previstas para o achatarramento de vehículos de transporte por estrada

A Consellería de Infraestrutura e Mobilidade recibiu, desde a apertura do prazo en abril e ata mediados de xullo, 526 solicitudes para o achatarramento de vehículos

06/08/22 | 10:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nos accesos ao novo CHUAC co inicio do proxecto de trazado

A administración autonómica pode avanzar no proxecto, unha vez que o Ministerio de Transportes emitiu o informe favorable á alternativa viaria recollida no plan de interese autonómico, que está agora mesmo en proceso de información pública

06/08/22 | 10:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe os traballos de estabilización de Noiros de ata 18 metros de altura no Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra

Para poder construír o muro perimetral de contención contra o actual edificio foi necesario fixar placas metálicas nunha superficie de máis de 900 metros lineais

05/08/22 | 15:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo o novo acceso provisional a Folgoso do Courel, no que investiu 1 M€, e avanza que en setembro decidirá a solución definitiva para a reconstrución da LU-651

Vázquez Mourelle subliña a axilidade da Xunta na execución do acceso, iniciado o 24 de maio e rematado en só dous meses, pese ás dificultades do terreo e aumentando o orzamento inicial en máis de 117.000€