Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

08/09/22 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na estrada AC-550, entre Noia e Ribeira, que suporán un investimento de máis de 2,6 M€

Actuarase no treito que une estas dúas localidades pasando por Porto do Son, entre os puntos quilométricos 69+500 e 107+850
 

07/09/22 | 19:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre ao tráfico a rúa Doadores de Sangue en Ferrol, coincidindo co inicio do curso escolar

A rúa quedou aberta á circulación pasadas as 19,00 horas, restando o pintado dos pasos de peóns nas entradas aos colexios, que está previsto acometer para mañá pola noite

07/09/22 | 17:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dota de novo pavimento á estrada autonómica LU-611 en Bóveda

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que entre hoxe e mañá concluirá a mellora do pavimento nun treito de algo máis de 4 quilómetros, que se completará con outras actuacións de reforzo da seguridade, como o repintado da sinalización horizontal

07/09/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta axudará con 300.000 euros aos concellos para que auditen as súas redes de saneamento co fin de erradicar filtracións e vertidos e preservar a calidade da auga

Vázquez Mourelle destaca que as auditorías son un instrumento esencial na detección e emenda das eivas das redes de saneamento municipal e incide na urxencia de atallar eses problemas para coidar a auga

07/09/22 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor destaca a mellora da seguridade tras o investimento dun millón de euros na estrada AC-423 que une Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños

A actuación contou cun investimento da Xunta de máis de 1 millón de euros e levouse a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito entre os puntos quilométricos 0 e 5+350

06/09/22 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza a posta en servizo a mediados de 2023 dun novo treito da VAP Tui-A Guarda entre o polígono de Areas e a A-55 tras un investimento de 21 M€

Subliña que a Xunta prevé contar en outono coa declaración de impacto ambiental da infraestrutura ata Goián e avanzar noutros tramos
 

05/09/22 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitará unha senda peonil na estrada OU-933 na contorna do IES Cosme López Rodríguez no Concello da Rúa

As obras, que suporán un investimento autonómico de preto de 50.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas

05/09/22 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias supervisa as obras de humanización e seguridade da estrada PO-330 entre Pereiró e Valadares

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este luns ao Alto da Garrida para coñecer o avance da actuación
 

05/09/22 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras de abastecemento ao polígono de Morás acadan o 30% de execución e estarán rematadas no 1º trimestre de 2023 grazas a un investimento de 4,1 M€ en colaboración co concello de Arteixo

A Xunta constrúe unha nova condución desde o novo depósito de Vío Alto cara ao polígono de Morás, contando con 2 puntos de subministro directo á rede municipal de Arteixo e cara ao depósito do parque empresarial

05/09/22 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora coa Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de Pepito en Rianxo para mellorar a potabilización e para evitar perdas de auga

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego