Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

15/09/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta recibiu 685 solicitudes para optar ás axudas para a reparación dos danos causados polos incendios de xullo por un importe de máis de 4,7 M€

Recalca a axilidade do Goberno galego á hora de tramitar unhas axudas necesarias para os afectados, fronte ás convocadas polo Goberno central

15/09/22 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga axudas a 9 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia cun investimento de 500.000 €

O obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

15/09/22 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello da Bola asinan o convenio para a mellora das infraestruturas de depuración municipais

A Xunta asume o financiamento da actuación, achegando preto de 48.000 €, e o Concello comprométese a executar as obras e ao mantemento das instalacións
 

15/09/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas nas comarcas do Ribeiro e de Celanova, que suporán un investimento de 1,2 M€

A intervención comezou na estrada OU-414, en Padrenda, e continuará nas vías OU-411 e OU-801, beneficiando aos municipios de Bande, Ribadavia, Verea, Cortegada, Pontedeva e Quintela de Leirado

15/09/22 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para outubro e decembro os propietarios dos terreos necesarios para a construción dunha senda peonil na estrada AC-524 no Concello de Frades

O levantamento de actas previas terá lugar o 14 de outubro na Casa do Concello de Frades e a formalización será o 16 de decembro no mesmo lugar

15/09/22 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para outubro e decembro os propietarios dos terreos necesarios para executar a senda na AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís, en Arteixo

O levantamento de actas previas terá lugar o día 11 de outubro na Casa do Concello e a formalización será o 15 de decembro no mesmo lugar

14/09/22 | 16:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de ampliación do complexo hospitalario de Ourense coa liberación de espazos e a retirada da pasarela actual

Avánzase de xeito parello na reposición de servizos para compatibilizar a execución dos traballos co funcionamento do hospital

14/09/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a comezos da primavera os veciños da Arnoia desfrutarán dunha estrada OU-402 mellorada tras un investimento da Xunta de 810.000 €

A intervención, presentada aos veciños no mes de marzo, ten como obxectivo renovar e mellorar un treito de 1,6 km da vía, incrementando a súa funcionalidade
 

13/09/22 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta analiza hoxe coas comunidades de usuarios de auga do Concello de Oímbra as propostas de mellora dos seus sistemas de abastecemento

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está inmersa na elaboración dos primeiros plans municipais de abastecemento autónomo de Galicia, iniciativa á que se destina un investimento autonómico de 900.000€