Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

20/09/22 | 11:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de conservación da Ponte Ceilán, nos concellos de Noia e de Outes, que suporán un investimento de máis de 500.000 €

Durante a xornada de hoxe e mañá disporase a sinalización horizontal desta obra na estrada AC-550, o que fai necesario o corte dun dos carrís de circulación, habilitándose o paso alternativo ao tráfico polo carril libre
 

19/09/22 | 15:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Cortegada asinan o convenio de colaboración para dotar de sistema de saneamento a zona suroeste do núcleo de Seixomil

Augas de Galicia achegará 40.000 € para financiar integramente as obras e o Concello asumirá a súa contratación e execución, ademais da titularidade das nova Infraestruturas
 

19/09/22 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo, que supoñen un investimento autonómico de preto de 223.000 €

O obxectivo é mellorar a accesibilidade peonil e a seguridade viaria na estrada PO-504 entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450

19/09/22 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde este xoves os servizos de autobús entre Silleda e Lalín cunha nova expedición á primeira hora da mañá

Créase unha nova ruta entre a parroquia de Lamela e Lalín que prestará servizo ás 07,30 horas de luns a venres durante todo o ano
 

17/09/22 | 17:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na estrada PO-531 en Curro, no concello de Barro, farán necesario o desvío do tráfico a partir do luns

O desvío realizarase do luns 19 ao xoves 22, entre as 08.30 e as 19.30 horas, derivándose o tráfico polo tramo antigo da PO-531 en Curro

16/09/22 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá neste ano preto de 21 M€ no reforzo do firme das estradas autonómicas e xa traballa na programación e actuacións que executará no 2023

Francisco Menéndez concreta que están xa en execución obras por importe de 16 M€, e nos vindeiros días comezarán os traballos para materializar os 5 M€ restantes e completar todas as actuacións neste ano
 

16/09/22 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza no estudo para a mellora da estrada OU-533 en Valdeorras, que financiará con fondos propios ante o rexeitamento do goberno de investir na mobilidade do rural

Francisco Menéndez lamenta a falta de resposta do Goberno ante as solicitudes da Xunta para financiar con Fondos Next Generation o acondicionamento desta vía que conecta a comarca de Valdeorras coa estación ferroviaria da Gudiña

16/09/22 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co concello da Gudiña na mellora do sistema de depuración do núcleo de Carracedo da Serra, que supón un investimento de 52.000 euros

A Xunta, a través de Augas de Galicia, achega apoio técnico para o desenvolvemento das obras e financia integramente os traballos, asumindo a entidade local a execución do novo sistema de depuración
 

16/09/22 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción dunha senda peonil nun treito da estrada LU-530 coincidente co Camiño de Santiago Primitivo no concello de Lugo

Actuarase na marxe esquerda desta estrada autonómica, no treito comprendido entre os puntos 6+800 e 8+100, para acadar a separación física do tráfico de vehículos do tráfico peonil

15/09/22 | 18:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta traballa xa na redacción do proxecto para a reconstrución da presa de Ponte Maceira

Augas de Galicia está a elaborar o documento técnico que determinará as intervencións necesarias para mellorar a infraestrutura