Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta publica a orde que facilita a execución de obras menores nas marxes das estradas autonómicas e locais sen autorización autonómica
O Diario Oficial de Galicia recolle o modelo de comunicación previa para desenvolver actuacións menores nas estradas, que debe presentarse cunha antelación mínima de 15 días ao seu inicio e executarse no prazo máximo de 1 ano
Ethel Vázquez informa da licitación hoxe das obras da 2ª fase de posta en valor da Ponte Romana e da mellora da rúa Marcelo Macías, en Ourense, que comezarán en verán
Vázquez Mourelle sinala que as empresas interesadas en executar os traballos dispoñen ata o 16 de marzo para presentar as súas ofertas
Un total de 24 empresas presentan as súas ofertas para executar a senda peonil entre o albergue de peregrinos e o centro de Ordes, cun investimento de preto de 650.000 euros
Este itinerario desenvolverase pola marxe dereita da estrada AC-524 e permitirá separar o tráfico peonil do tráfico rodado nun itinerario de case 1,3 quilómetros, proxectándose tamén unha pasarela para salvar o río Cabrón
Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a primeira fase do desdobramento da VAP Nadela-Sarria, cun investimento de 24,6 millóns de euros
Este proxecto, cuxas obras comezarán a mediados de ano, arrincará con 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria Centro
A Xunta instala dúas marquesiñas na estrada LU-113 en Castro de Rei para mellorar o servizo aos usuarios do transporte público
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que un dos refuxios está situado nas proximidades do cemiterio de Duarría e o outro en Bagoi
A Xunta comeza as obras de saneamento de Santa María de Melide, que suporán un investimento de 116.000 euros
Augas de Galicia adaptou o proxecto ás exixencias do Ministerio de Fomento
A Xunta e a asociación de comerciantes de Baiona acordan reforzar as conexións de autobús co Campus Universitario de Vigo mediante os novos contratos de transporte público
O obxectivo é facilitar que os estudantes residentes en Baiona aposten polo transporte público aproveitando a recente ampliación da tarxeta ‘Xente Nova’ que permite viaxar gratis aos menores de 21 anos
A Xunta analiza cos veciños de Valadares e cos comerciantes de Pereiró o proxecto de mellora da estrada PO-330 no concello de Vigo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convidou aos destinatarios da actuación a formular as súas demandas concretas sobre as obras
A Xunta inicia as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Francés no barrio compostelán de San Lázaro, cun investimento duns 730.000 euros
Os traballos están a acometerse desde a pasada semana no treito que dá acceso ao Palacio de Congresos de Galicia, entre a SC-20 e a rúa Miguel Ferro Caaveiro
A Xunta licita actuacións de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos, por un investimento de máis de 1,1 millón de euros
As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 16 de marzo