Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

20/02/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Oito empresas presentan as súas ofertas para executar unha senda peonil na estrada OU-143 ao seu paso polo núcleo rural de Albarellos, no concello de Monterrei

O trazado desta actuación coincide co discorrer da Vía da Prata, e dispón dun investimento autonómico de máis de 180.000 euros

20/02/20 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do cambio de titularidade dun treito da estrada PO-190 a prol do Concello de Valga

A Xunta e o Concello de Valga asinaron un convenio de colaboración para o acondicionamento dun treito de case 500 metros desta vía

19/02/20 | 18:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelles ao Concello de Sada e á Deputación da Coruña unha proposta de convenio para colaborar nas obras de prevención das inundacións

Trátase de impulsar as obras precisas para dar solución o mal funcionamento, a insuficiencia de capacidade de desaugue, e os continuos atrancos dos ríos Maior e Fontoria no treito final

19/02/20 | 15:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a calidade dos profesionais especializados na planificación e execución de obras públicas e a súa contribución a facer unha Galicia máis competitiva

Refírese a estes premios como un escaparate dos máis recentes progresos da Comunidade, que recoñecen a excelencia de obras públicas levadas a cabo cun só obxectivo: que en Galicia se viva mellor

19/02/20 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 12 empresas presenta as súas ofertas para executar dúas sendas peonís na estrada OU-537, en San Cibrao das Viñas, e na OU-536, na Derrasa, no Pereiro de Aguiar

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará á actuación un investimento de máis dun millón de euros, no que se inclúe o pagamento aos titulares das 45 fincas necesarias para a súa execución

19/02/20 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 11 empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora de seguridade viaria na PO-552, entre os Concellos de Tomiño e Tui, cun investimento de 548.000 euros

Estas obras enmárcanse na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas nesta lexislatura

19/02/20 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 11 empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora de seguridade viaria na PO-552, entre os concellos de Tomiño e Tui

Estas obras enmárcanse na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas nesta lexislatura

19/02/20 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción do primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia no barrio da Residencia de Lugo

Este proxecto, cun investimento de máis de 11,4 millóns de euros, dispón dun prazo de execución duns 20 meses

19/02/20 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de renovación de beirarrúas e rede de pluviais na estrada autonómica AC-550 ao seu paso polo Concello de Ribeira, entre Padín e Deán Pequeno

A actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dispón dun investimento de preto de 250.000 euros, e os traballos dispoñen dun prazo de execución duns 3 meses

18/02/20 | 19:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez trasládalle aos empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas o compromiso da Xunta para seguir traballando a prol da mellora da competitividade desta área industrial

Vázquez Mourelle indica que o Goberno galego analizará a posibilidade de colaborar no desenvolvemento dun plan de mobilidade para o polígono