Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

01/03/20 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa a partir do luns novas actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Vao, no concello de Coristanco

Os traballos de mantemento están a levarse a cabo no treito interurbano do río, de 4,4 quilómetros de lonxitude, desde As Teixoeiras ata a área recreativa da Rochela

29/02/20 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo a senda peonil e ciclista na estrada LU-232, na contorna do polígono industrial de Friol

Esta actuación, cun orzamento de case 214.000 euros, comezou a executarse no pasado mes de setembro

29/02/20 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de ampliación da depuradora de Rianxo, cun investimento de máis de 7,5 millóns de euros

Con esta intervención a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten como obxectivo resolver os problemas de capacidade e eficiencia destas instalacións

28/02/20 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza os traballos de plantación de 6.200 árbores autóctonas na contorna do encoro do Umia

Esta rexeneración do bosque de ribeira, cun orzamento de máis de 100.000 euros, súmase ás actuacións da Xunta para mellorar a calidade das augas do encoro

28/02/20 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre a variante de Salgueiroas, no concello de Santa Comba

Trátase da primeira fase do acondicionamento da estrada autonómica AC-406, que une Portomouro con Santa Comba, cun investimento de 4,3 millóns de euros

28/02/20 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-504, en San Cristovo de Regodeigón, no Concello de Ribadavia

Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 18.000 euros, terá un prazo duns seis meses

27/02/20 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo mañá a variante de Salgueiroas, en Santa Comba, tras un investimento de 4,3 millóns de euros

Trátase da primeira fase do acondicionamento da estrada autonómica AC-406, que une Portomouro con Santa Comba

26/02/20 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de reforma do cruce dos Concheiros, en Santiago, obrigan a unha reorganización do tráfico que comezará a aplicarse o vindeiro sábado

A Xunta e o Concello de Santiago deseñaron un plan de circulación para compatibilizar do mellor xeito posible o tráfico rodado coa execución dos traballos

26/02/20 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Coristanco analizan o funcionamento das novas liñas de transporte público que prestan servizo no municipio

A Consellería de Infraestruturas buscará fórmulas para adaptar os horarios dos novos servizos de transporte para facilitar a entrada e saída ao instituto duns 30 alumnos do concello

25/02/20 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas