Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

07/03/20 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a partir da vindeira semana os servizos de autobús en Coristanco para facilitar os desprazamentos dos estudantes dos institutos na contorna

A nova liña 24, Rial-Carballo-Estación de Autobuses, realizará a partir do xoves 12 expedicións adaptadas ás entradas e saídas dos centros educativos de Carballo

07/03/20 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Umia, nos concellos de Meis e Vilanova de Arousa

Os traballos de mantemento están a levarse a cabo nos treitos interurbano deste río ao seu paso polo lugar das Aceñas, nas parroquias de Paradela e Baión

07/03/20 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora das redes de abastecemento e saneamento no núcleo do Navallo, no concello de Riós

O contrato, cun investimento autonómico duns 12.000 euros, ten un prazo de 4 meses para desenvolver os traballos

06/03/20 | 18:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acometerá obras de mellora na estación de autobuses de Lugo por un importe de case 28.000 euros

Acondicionarase unha zona da cuberta e renovarase parte da instalación de saneamento

06/03/20 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información publica o proxecto de mellora da capacidade do enlace da autovía do Salnés coa estrada PO-504 en Sanxenxo

Trátase dunha actuación para o incremento da seguridade viaria no enlace da AG-41 e a vía de alta capacidade VG-4.1 coa PO-504, así como de mellorar a fluidez da circulación en momentos de moita afluencia de tráfico

06/03/20 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa que a partir do 23 de marzo as obras en fachadas e tellados ou os cambios de fiestras en casas próximas a ríos se poden facer presentando só unha declaración responsable

Estes traballos menores na área dos ríos de Galicia-Costa poderán iniciarse desde a presentación da declaración, sen agardar a autorización de Augas de Galicia

05/03/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 185.000 euros a redacción do proxecto de acondicionamento da estrada Viveiro-Cabreiros para incrementar a seguridade viaria e a mobilidade nesta contorna

Este contrato conta con 12 meses de prazo para elaborar este proxecto de execución, sendo o orzamento estimado das obras de 2,6 millóns de euros

04/03/20 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Balsa, no concello de Coristanco

Os traballos de mantemento están a levarse a cabo nun treito interurbano deste río, de algo máis de 1 quilómetro de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Oca

04/03/20 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora do antigo trazado da estrada PO-400 en Arbo co fin de incrementar a seguridade viaria

Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 18.000 euros, conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto

03/03/20 | 17:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a instalación dun paso de peóns con semáforo na estrada PO-308 en Chancelas, no concello de Poio, co fin de reforzar a seguridade viaria

Estas actuacións, adxudicadas por un importe de case 38.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e contan cun prazo de execución dun mes