Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

11/03/20 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Stop Accidentes asinan o convenio de colaboración para fomentar a cultura da seguridade viaria entre os escolares e as persoas maiores, usuarios vulnerables das estradas

O acordo establece que Stop Accidentes desenvolverá, ao longo deste ano e o próximo, catro actuacións específicas para reforzar a seguridade nas vías e a Xunta achegará 95.000 euros para financialas

11/03/20 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora da estrada LU-633, no treito coincidente coa traza do Camiño Francés, en Triacastela

Estas actuacións, cun investimento de case 45.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas cun prazo de 3 meses

10/03/20 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora do saneamento en varios núcleos do concello de Muíños

O contrato, cun investimento autonómico duns 11.000 euros, definirá o proxecto construtivo para optimizar o saneamento nos núcleos de Muíños, Mugueimes e Barrio, así como melloras nas estacións depuradoras de Parque e de Pazos

10/03/20 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada LU-617 ao seu paso pola parroquia de Santa María de Tuiriz, no concello de Pantón

A actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dispón dun investimento de máis de 48.000 euros, e os traballos teñen un prazo de execución duns 3 meses

10/03/20 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de acondicionamento da estrada AC-566, desde a saída de Valdoviño ata a Ramalleira, por un importe de 4,4 millóns de euros

A Plataforma de contratos da Xunta vén de publicar o anuncio de contratación desta actuación, que conta cun prazo de execución de 18 meses, dispoñendo as empresas interesadas ata o vindeiro día 6 de abril para presentar as súas ofertas

09/03/20 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do estudo de viabilidade para a conexión directa do polígono de Veigadaña en Mos coa autovía Vigo-O Porriño

Este contrato dispón dun investimento de 18.000 euros e conta con 6 meses de prazo para analizar a posible execución dunha estrada de enlace coa autovía A-55

09/03/20 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/03/20 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de renovación da cuberta do edificio da depuradora de Tomiño por un investimento de case 48.000 euros

As obras permitirán substituír e reforzar aquelas partes da estrutura que se atopan máis deterioradas polo paso do tempo

08/03/20 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora de seguridade da estrada PO-549, en Cambados, farán necesario o corte dun carril a partir de mañá

Este peche de carril, que se levará a cabo entre os puntos quilométricos 7+500 e 9+300 da vía, manterase dende o luns ata o vindeiro día 18 de marzo

08/03/20 | 11:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para mellorar o funcionamento do sistema de abastecemento do concello de Leiro

Este contrato, cun orzamento de case 12.000 euros, ten un prazo de execución duns tres meses