Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

26/12/22 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de emerxencia para reparar a tubaxe danada na estrada PO-534 en Forcarei

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou esta mañá o comezo dos traballos

26/12/22 | 14:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,1 M€ as obras de saneamento do río Lameira de Marín, que contribuirá á mellora da calidade das augas da ría de Pontevedra

A actuación, que conta cun prazo de execución de 12 meses, suporá a optimización da rede de saneamento na contorna do río, reducindo a entrada de augas brancas e regulando a derivación de caudal á depuradora en tempo de chuvia

26/12/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 300.000 € as obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, no Concello de Piñor

A Consellería de Infraestruturas prevé comezar na primavera estas obras de mellora, que contan cun prazo de execución de tres meses

26/12/22 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras de humanización das rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño, que suporán un investimento de case 1 M€ e comezarán a executarse na primavera

Subliña que se trata dunha actuación transformadora para converter unha estrada nunha rúa na que os coches ceden protagonismo en favor dos peóns

26/12/22 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta propón ao Concello de Vigo unha reunión técnica para lograr canto antes a aprobación do Plan Xeral

A delegada da Xunta en Vigo e directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informaron sobre os informes do PXOM vigués

25/12/22 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/12/22 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada autonómica PO-531, no concello de Pontevedra

Estas intervencións súmanse ás que se están a levar a cabo nas últimas semanas nun total de oito estradas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense

25/12/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/12/22 | 15:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fomenta a mobilidade sostible coa concesión de 91 axudas para mercar bicicletas eléctricas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, visitou estes días un dos establecementos da zona que se adheriron ao programa Ebici da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

23/12/22 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación da 2ª fase da mellora do abastecemento de Outeiro de Rei, que estará en servizo a finais de 2023

Sinala que a Xunta financiará o 80 % da intervención, achegando o Concello o 20 % restante do orzamento