Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

06/04/20 | 13:53 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A liña da Xunta para achegar liquidez a pemes e autónomos polo COVID-19 recibiu xa 418 solicitudes para apoiar préstamos por 34 M€

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron hoxe unha videoconferencia con representantes da Federación Galega da Construción

02/04/20 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta axilizará o pago das axudas concedidas aos profesionais do taxi que adquiriron vehículos adaptados e de baixas emisións

O Goberno galego establece unha canle de asesoramento aos profesionais sobre o impacto no sector das restricións da mobilidade

01/04/20 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comprométese a impulsar medidas para minimizar o impacto da crise do coronavirus nas obras públicas e no sector da construción

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade axilizará o pagamento das certificacións de obras xa presentadas

30/03/20 | 16:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abordará mañá co sector galego da construción o alcance e o impacto da paralización da súa actividade

No encontro abordaranse tanto os efectos da suspensión das obras públicas dependentes da Xunta de Galicia como o impacto xeral no sector das restricións aprobadas polo Goberno estatal

30/03/20 | 15:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o sector profesional garanten o abastecemento de auga potable á poboación durante a crise sanitaria

As empresas dispoñen de plans de continxencia con gardas de persoal e remanente de reactivos suficiente para asegurar o funcionamento das estacións de tratamento de auga

25/03/20 | 16:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aborda coa Federación Galega de Transportes de Mercadorías o avance nas medidas destinadas a facilitar a súa actividade

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade pídelle aos transportistas que verifiquen que o listado de aloxamentos turísticos autorizado para servir aos servizos esenciais se adapta ás súas necesidades

24/03/20 | 20:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita ao Ministerio de Transportes medidas para garantir o traballo en condicións axeitadas dos transportistas de mercadorías

O Goberno galego comparte a petición do conxunto de autonomías para que se asegure o acceso a aseos, zonas de avituallamento de comida e aloxamento aos profesionais que realizan este servizo esencial

24/03/20 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/03/20 | 16:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aborda coa Federación Galega da Construción a evolución da situación nas obras públicas na comunidade autónoma

Comparten a necesidade de cumprir estritamente os protocolos sanitarios establecidos para evitar contaxios nesta actividade, que se mantén de acordo co Real Decreto que establece o estado de alarma e a Instrución aprobada pola Xunta

16/03/20 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Adíase o inicio da distribución da tarxeta 'Xente Nova' na provincia de Ourense e na área de Pontevedra

A Xunta e a entidade financeira Abanca acordaron pospoñer ata o remate da emerxencia sanitaria a emisión dos dispositivos prevista para a ampliación territorial da gratuidade do transporte público para menores de 21 anos