Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

30/04/20 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 3 millóns de euros a execución das obras de ampliación e mellora da depuradora de Viveiro

A intervención ten un prazo de execución de 18 meses e o obxectivo da Xunta é iniciala este mesmo verán

30/04/20 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de instalación dun novo paso de peóns na PO-308 en Chancelas para mellorar a seguridade viaria

A obra supuxo a instalación dun semáforo con pulsador detrás da parada de autobús para que os cruzamentos se fagan con seguridade

30/04/20 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Ames do tramo da estrada AC-543 en Bertamiráns

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello asinaron un convenio de colaboración para o acondicionamento dun treito de máis de 2 km desta vía, entre a rotonda da autovía AG-56 ata o límite co municipio de Brión

29/04/20 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/04/20 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata que as obras do conxunto intermodal de Pontevedra avanzan con seguridade e ao ritmo necesario para manter o seu remate este ano

Ethel Vázquez subliña que o proxecto supón manter activo un investimento público de 6 millóns de euros, 4,6 achegados pola Xunta, que implica uns 100 empregos

28/04/20 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas activa novos contratos de obra pública por importe de máis de 120 millóns de euros que crearán arredor de 1.000 postos de traballo

O departamento autonómico reiniciou nas últimas semanas máis de 70 obras cun investimento de 224 millóns de euros, que supoñen 2.000 empregos anuais

28/04/20 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-402, ao seu paso polo núcleo de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño

Esta intervención, cun orzamento de máide 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución duns tres meses

28/04/20 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 1 millón de euros as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 25 de maio e o obxectivo e ter rematadas as obras neste mesmo ano

27/04/20 | 16:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial e os núcleos das Quintás e da Ría, en Vilamarín

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento duns 200.000 euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma

27/04/20 | 16:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución da ampliación do abastecemento de auga de Mesía

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento de máis de 576.000 euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma