Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

23/09/22 | 16:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Oficina Técnica da Seca eleva á situación de alerta por escaseza os sistemas de Zamáns e Baíña que abastecen aos concellos de Nigrán, Baiona e unha parte de Vigo

Tamén se amplía a prealerta por escaseza de auga ao sistema do río Verdugo, ría de Vigo e de Baiona, e ao sistema da costa de Pontevedra

23/09/22 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de mellora do firme da autoestrada AG-55 fai necesario habilitar este luns un desvío de tráfico no enlace de Carballo norte

? O corte de tráfico na autoestrada realizarase de forma alternativa entre as 9 e as 20 horas, primeiro no ramal de entrada, sentido A Coruña- Carballo; e a continuación no ramal de saída, sentido Carballo-A Coruña

23/09/22 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía ata un total de 1 M€ as axudas á compra de bicicletas eléctricas ante a boa acollida da iniciativa

O Goberno galego recibiu na convocatoria aberta en agosto, dotada de 500.000 €, un total de 1.096 solicitudes, das que 1.003 contan con reserva de fondos
 

22/09/22 | 20:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/09/22 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nos traballos previos da mellora do sistema de saneamento dos concellos de Cee e de Corcubión, que suporá un investimento de máis de 8 M€

Técnicos de Augas de Galicia e da empresa adxudicataria mantiveron hoxe unha reunión co Concello de Cee para abordar a organización das obras, que comezarán nas primeiras semanas do outono

22/09/22 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta desde o luns os horarios dos autobuses que empregan os estudantes dos institutos de Mugardos e de Betanzos e implanta novas melloras nos servizos entre A Coruña e Ferrol

O adianto dos servizos entre 10 e 15 minutos garantirá a chegada aos centros educativos cunha marxe de tempo adecuada antes do inicio das xornadas lectivas
 

22/09/22 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Medio centenar de expositores de Conxemar xa montan os seus stands no novo pavillón do Ifevi no que a Xunta investiu 8,3 M€

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este xoves o recinto feiral, onde 300 persoas traballan ante a inminente celebración do evento os vindeiros 4 e 5 de outubro
 

22/09/22 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta daralle continuidade á senda de Albarellos, no concello de Monterrei

Ethel Vázquez avanza que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a redacción do proxecto da prolongación do itinerario peonil
 

22/09/22 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta construirá unha senda na contorna do centro de control da AG-55 en Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños

Executarase un itinerario peonil de preto de 300 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho na marxe esquerda da estrada AC-552, que dará servizo aos traballadores do centro de control da autovía e aos veciños dos núcleos de Cazón, Camafreita e Denellón
 

22/09/22 | 11:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-543 ao seu paso polo concello de Brión

A actuación suporá un investimento autonómico de preto de 50.000 euros e comezará nas vindeiras semanas