Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/05/20 | 17:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reactiva a licitación dos 29 contratos do Plan de transporte público tras desestimar o tribunal os tres recursos presentados

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública resolveu no día de hoxe desestimar os recursos interpostos por varias empresas e acordou levantar as suspensións que pesaban sobre o procedemento de contratación

29/05/20 | 17:06 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina 16 millóns para apoiar a autónomos e pemes do comercio, o turismo, servizos e transporte e impulsar a instalación de medidas de protección para traballadores e clientes

Os agricultores e gandeiros poderán percibir o anticipo das axudas da PAC grazas á colaboración con diferentes entidades financeiras para abrir unha liña de préstamos a interese cero

29/05/20 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de catorce empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis

A actuación, licitada por preto de 1 millón de euros, ten un prazo de execución de 6 meses e acometerase este ano

29/05/20 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras da nova senda peonil que conectará o albergue de peregrinos e o centro de Ordes

Esta actuación, cun investimento de case 510.000 euros, comezará en xullo e disporá dun prazo de execución de 6 meses

29/05/20 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras da nova senda entre Alba e San Caetano, en Pontevedra

Os traballos foron adxudicados á empresa Oresa por preto de 480.000 euros e a previsión é inicialos a finais de xullo, co obxectivo de rematalos este mesmo ano

29/05/20 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Unha nova barreira estética, de cor branca e perfil circular, embelece a ponte de Portomarín, punto de entrada á vila para os peregrinos do Camiño Francés

Tamén se repintou a varanda da ponte, renováronse as xuntas de dilatación e limitouse a velocidade máxima neste punto tan transitado para mellorar a estética e seguridade deste espazo

28/05/20 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta demándalle ao Goberno de España que restableza os servizos do tren hotel que conecta Galicia con Madrid e con Barcelona

Salienta que a covid-19 non pode ser escusa para reducir os servizos de transporte ferroviario aos galegos

28/05/20 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 12 empresas presentan as súas ofertas para a mellora do firme en estradas da contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar, en Ourense

A actuación, licitada por máis de 1 millón de euros, ten un prazo de execución de 4 meses e acometerase este ano

28/05/20 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o sector do transporte acordan ampliar os anticipos e urxir ao Goberno central avances no fondo estatal de compensación de 8 millóns de euros

O Goberno galego aumentará ata os 2,4 millóns de euros os anticipos ao sector para contribuír a ofrecerlles liquidez ás empresas de transporte ante a crise da covid-19

28/05/20 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de dezasete empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas da provincia da Coruña

A intervención, licitada por máis de 1 millón de euros, ten un prazo de execución de 4 meses e acometerase este ano