Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

02/06/20 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Santiago preparan a posta en marcha da nova estación de autobuses intermodal, na que se prevé un incremento de usuarios do 10%

O Goberno galego e o Concello asinarán este mes o convenio para a xestión da terminal e licitarán os novos contratos para a cafetería, a seguridade ou a limpeza

02/06/20 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da mobilidade e seguridade viaria na Avenida de Anllóns, en Ponteceso

Os traballos, adxudicados por importe de case 50.000 euros, contan cun prazo de execución de tres meses

01/06/20 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras da potabilizadora de Betanzos

As actuacións, licitadas por 1,2 millóns de euros, teñen como obxectivo poder garantir o vindeiro ano un axeitado abastecemento de auga en todo o municipio

01/06/20 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de paso sobre o río Vao, en Coristanco, que facilitan o acceso ás fincas nun camiño de servizo da autovía da Costa da Morte

Actuouse no camiño de servizo da marxe dereita da autovía o que permite o aforro nas distancias percorridas para acceso ás fincas, ás que ata o de agora só podían por un lugar distinto de cada marxe do río

01/06/20 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 1 millón de euros as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés nas rúas Garabal e Mulas ao seu paso polo polígono do Tambre

As empresas dispoñen de prazo ata o 29 de xuño para presentar as súas ofertas para executar estas actuacións, que comezarán a finais de setembro e terán un prazo de execución de 6 meses

01/06/20 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a execución dunha senda peonil en Santa Comba de Gargantós, en San Cibrao das Viñas, que complementa ás obras da nova conexión do polígono coa A-52

As condicións meteorolóxicas permitiron reducir á metade o tempo de execución da obra, iniciada o 4 de maio, e que tiña un prazo de execución de dous meses

31/05/20 | 10:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de dezanove empresas presentan as súas ofertas para a execución dunha nova cuneta na autovía AG-64, no concello das Pontes

A intervención, licitada por máis de 583.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses e comezará no verán

30/05/20 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Restablecida a circulación na autovía do Salnés tras a renovación do firme no treito entre Meis e Curro

En torno ás 20,30 horas de onte quedou habilitado o tráfico habitual na AG-41

30/05/20 | 11:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas comarcas de Noia, Fisterra, A Mariña, Vigo e Baixo Miño

As tarefas executaranse a partir do luns nas estradas AC-554, en Outes; na AC-445, en Corcubión, Cee e Fisterra; na LU-862, no Vicedo; na PO-552, en Vigo e Tui; ou na PO-252, en Pazos de Borbén

30/05/20 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Masma, no concello de Mondoñedo

As actuacións están a desenvolverse nun tramo de 40 metros deste río, no lugar do Arco