Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

19/06/20 | 11:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma as obras de supresión dun treito de concentración de accidentes na AC-164, en Bergondo, tras o retranqueo dos servizos e a situación derivada da covid-19

Esta actuación, que rematará a finais de xullo, permitirá a mellora da seguridade viaria entre o cruce coa vía local a San Isidro e a glorieta dos Condes

19/06/20 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 825.000 euros as obras de mellora dos accesos aos hospitais da Coruña, Santiago, Ferrol, Cee e o Barbanza

As actuacións nestes complexos da área hospitalaria da Coruña comezarán no vindeiro mes de xullo e céntranse no acondicionamento dos viarios e aparcamentos e na renovación do firme e das beirarrúas

19/06/20 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 565.000 euros as obras de mellora dos accesos aos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña, en Vigo

Os traballos comezarán no vindeiro mes de xullo, coa previsión de telos rematados a finais deste ano

18/06/20 | 17:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de conservación do firme na estrada OU-320 ao seu paso polos concellos de Sandiás e Allariz

Os traballos, cun importe duns 95.000 euros, céntranse no reforzo localizado do firme nun tramo de 8,32 quilómetros mediante regas asfálticas e regularización previa da superficie, onde sexa necesario

18/06/20 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Deputación de Ourense acordan colaborar na promoción dunha mobilidade segura e da implantación da tarxeta Xente Nova en toda a provincia

Estímase que uns 5.200 mozos menores de 21 anos desta provincia farán uso da tarxeta Xente Nova para viaxar gratis no autobús interurbano da Xunta

18/06/20 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,4 millóns de euros as obras do novo colector interceptor en Cabanas para a mellora do saneamento

As empresas interesadas neste contrato, que conta cun prazo de execución de 12 meses, poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de xullo

18/06/20 | 10:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/06/20 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a nova convocatoria de axudas á elaboración de plans de emerxencia fronte á seca co obxectivo de que o vindeiro ano 40 concellos dispoñan desta ferramenta

Esta segunda convocatoria está dotada con 250.000 euros, o mesmo importe que o ano pasado supuxo a concesión de axudas a 20 municipios, os cales rematarán a elaboración dos plans en setembro

17/06/20 | 11:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria no contorno do parque empresarial da Pasaxe, en Gondomar

Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 352.000 euros, comezarán no vindeiro mes de xullo e centraranse na eliminación dun treito de concentración de accidentes neste tramo da vía que une O Porriño e Gondomar

16/06/20 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a mellora do firme na estrada autonómica PO-302, ao seu paso polo Concello de Vilanova de Arousa

A obra, adxudicada por uns 47.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes