Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

23/06/20 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/06/20 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 1,2 millóns o novo Plan de aforos, máis moderno e intelixente, que ofrecerá unha radiografía dos 5.500 quilómetros de estradas autonómicas nos vindeiros tres anos

Empregarase drons, datos de telefonía ou big data para obter máis información e con maior rapidez de cara a poder adoptar as mellores decisións

23/06/20 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dunha pasarela peonil sobre o regato de Alongos, no concello de Toén

A obra, adxudicada por importe duns 20.000 euros, terá un prazo de execución de 3 meses

22/06/20 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a nova senda peonil e ciclista na estrada AC-429, que conecta a praia de Laxe e o paseo marítimo

Trátase dun itinerario de preto de 800 metros que une a zona deportiva, educativa e de lecer de Cabo da Area, centro de equipamentos do municipio, coa propia vila

22/06/20 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a renovación e instalación de nova iluminación led na glorieta elevada de Mollabao, no inicio da variante de Marín

A intervención, adxudicada por máis de 43.000 euros, conta cun prazo de execución duns dous meses

22/06/20 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda cos empresarios de Pontevedra o estudo que acredita que a Saída Sur de Vigo aumentaría un 6% a actividade do porto e xeraría 528 millóns de euros

O estudo determina que o proxecto é sostible desde o punto de vista económico e rendible desde o punto de vista social, cun forte impacto sobre o emprego e o PIB da cidade, tanto na súa fase de construción como durante a explotación

21/06/20 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Sar, nos concellos de Padrón e de Rois

Os traballos neste río están a desenvolverse na contorna das parroquias de Padrón e Ribasar

21/06/20 | 11:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río de Xanceda, no Concello de Ourol

As tarefas están a desenvolverse nun tramo de preto de 90 metros ao seu paso polo lugar da Anxeriz, na parroquia de Xerdiz

20/06/20 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a mellora da seguridade viaria para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-549, entre Vilanova de Arousa e Cambados

Con esta intervención, adxudicada por un importe duns 460.000 euros, suprímese o tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3

20/06/20 | 11:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas continúan a vindeira semana nas comarcas de Santiago, Celanova, Vigo, Pontevedra, Terra Chá e A Mariña

Estas actuacións desenvolveranse desde o luns nas estradas AC-445, en Corcubión; AC-549, en Santiago; OU-411, en Padrenda e Quintela de Leirado; PO-552, en Vigo e Tui; LU-862, en Xove e San Cibrao; ou na AG-64, en Vilalba e Xermade