Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

03/07/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada OU-161, nos concellos de Lobios e de Lobeira

Os traballos, por importe de preto de 90.000 euros, levaranse a cabo no tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 2+000 e 5+500

02/07/20 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta propón un convenio de colaboración co Goberno de España e co Concello de Vimianzo para o impulso conxunto do acceso ao polígono desde a vía de altas prestacións

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ofrécese a facilitar o desenvolvemento deste novo enlace, pese a ser a unha responsabilidade exclusiva do Estado, titular do polígono

02/07/20 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de saneamento na parroquia de Santa María de Melide

Para realizar esta actuación, adxudicada por un importe de máis de 116.000 euros, Augas de Galicia adaptou o proxecto ás exixencias do entón Ministerio de Fomento

02/07/20 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do sistema de depuración de augas residuais dos Praceres, en Pontevedra

Esta actuación foi adxudicada por un importe de preto de 13 millóns de euros e conta cun prazo de execución de 24 meses, 12 para a súa execución, ao que se engade un período de posta en marcha doutros 12 meses

02/07/20 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da nova senda peonil que conectará o albergue de peregrinos e o centro de Ordes

Esta actuación, adxudicada por 510.000 euros, disporá dun prazo de execución de 6 meses

02/07/20 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A DOG publica hoxe o cambio de titularidade dun treito da estrada PO-344 a prol do Concello de Tomiño

A Xunta dá cumprimento con esta medida ao convenio de colaboración asinado coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño para a construción da variante da localidade

01/07/20 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa ao Concello de Becerreá do proxecto de mellora previsto para a estrada LU-636

A Administración autonómica vén de iniciar a supervisión do proxecto que prevé a mellora do firme ao longo de 9 quilómetros desa estrada ao seu paso por Becerreá e a execución de cunetas de seguridade cun investimento de case 830.000€

01/07/20 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora e posta en marcha da depuradora de Portoquintáns, no concello de Coristanco

Estes traballos, adxudicados por un importe de máis de 43.000 euros, contan cun prazo de execución de 5 meses

01/07/20 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de construción de tres pozos de barrena na Cunchada, no Concello do Rosal

Esta actuación, adxudicada por máis de 22.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e conta cun prazo de execución de 1 mes

01/07/20 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo remiten ao Ministerio de Transportes o estudo que acredita a rendibilidade económica e social da Saída Sur e da conexión de Bouzas

O obxectivo é poñer en coñecemento do Goberno español, que é a quen lle compete promover e executar a infraestrutura ferroviaria, o resultado do estudo e, sobre a base das súas conclusións, solicitar o seu “impulso decidido”