Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

06/07/20 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 1,4 millóns de euros as obras de mellora da rúa Marcelo Macías, no Concello de Ourense

Esta actuación conta cun prazo de execución de 12 meses e o obxectivo é poder iniciala en agosto

06/07/20 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica hoxe a encomenda de xestión para a licitación e execución do contrato de servizo para o deseño das actuacións da nova Estratexia galega de mobilidade

Trátase de definir unha rede coordinada de servizo e infraestruturas moderna, sostible e eficiente que aumente a competitividade

05/07/20 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora da rede de saneamento confluente na depuradora de Valga

Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 46.000 euros, teñen un prazo de execución de tres meses

04/07/20 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Freixeiro, no concello de Narón

Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo de 1,8 quilómetros, na parroquia de Xubia

04/07/20 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das comarcas do Condado e Pontevedra

Estas intervencións desenvolveranse desde o luns nas estradas PO-254, ao seu paso polo concello de Ponteareas, e na PO-255, en Pontecaldelas e A Cañiza

03/07/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de dezaoito empresas presentan as súas ofertas para a mellora da capacidade e da seguridade da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira

Para avanzar na tramitación das obras, licitadas por importe de máis de 6,47 millóns de euros, están xa convocados os actos expropiatorios necesarios para a súa execución

03/07/20 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de ampliación da avenida da Deputación, en Arteixo, por un importe de 5,8 millóns de euros, coa fin de mellorar o principal acceso ao polígono de Sabón

As empresas interesadas en levar a cabo este proxecto, cun prazo de execución de 20 meses, poden presentar as súas ofertas ata o 29 de xullo

03/07/20 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de reforzo dun noiro da estrada autonómica PO-400 ao seu paso pola parroquia de San Roque, no concello de Crecente

Esta actuación, adxudicada por preto de 38.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e conta cun prazo de execución de 1 mes

03/07/20 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará en horario nocturno obras de rehabilitación do firme en tres glorietas do casco urbano de Viveiro a partir do domingo

O investimento das actuacións ascende a 100.000 euros e inclúe o repintado completo das marcas viarias da estrada LU-862 no núcleo urbano

03/07/20 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 3,8 millóns de euros as obras de renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea

Este contrato conta cun prazo de execución de seis meses, e centrarase na reparación de danos superficiais e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais