Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

30/09/22 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá preto de 5 M€ na reconstrución do treito afundido da estrada do Courel, iniciando de forma inmediata a redacción do proxecto

Executarase a media ladeira un treito de 840 metros de novo trazado na LU-651, a unha cota intermedia entre a traza orixinal, salvando a zona do derrubamento cunha pendente máxima do 8%
 

30/09/22 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora na mellora do sistema de depuración e saneamento de augas residuais do concello de Muros cunha achega superior aos 54.000 euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para coñecer as actuacións desenvolvidas nos lugares de Torea e Serres ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

29/09/22 | 16:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da 1ª fase de mellora da LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane, no concello de Folgoso do Courel, que suporán un investimento de 3,4 M€

A intervención comezou polos traballos de protección ambiental e patrimonial previos, de roza, despexes e retirada de terra vexetal, así como pola implantación das instalacións auxiliares, topografía, sinalizacións e balizamentos

29/09/22 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de 4,2 M€

O contrato para a redacción deste proxecto estratéxico foi adxudicado por un importe de máis de 196.000 euros

28/09/22 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance das obras da senda peonil na AC-214 en Sigrás, no Concello de Cambre, permitirá iniciar de maneira inmediata os traballos de pavimentación

Mantense o bo ritmo dos traballos, iniciados en xuño, para habilitar este itinerario de 720 metros, desde o cruce coa AC-213 e a N-550, nos núcleos da Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo

28/09/22 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a execución dun itinerario na estrada AC-552 en Nantón, no Concello de Cabana de Bergantiños

O contrato, adxudicado por máis de 18.000 euros, definirá as actuacións necesarias para habilitar unha senda mixta, de uso peonil e ciclista, pola marxe dereita da vía

28/09/22 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta afronta a fase final da construción dunha senda peonil na PO-313 entre Pardavila e Cadro, no concello de Marín, cun investimento de 611.000 €

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa, María Ramallo, supervisou hoxe pola mañá esta actuación, consistente na creación dun itinerario seguro de 800 metros que quedará rematado antes de que conclúa o presente ano

27/09/22 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata a falta de previsión do Goberno de España sobre o pago a Galicia dos descontos do transporte público autonómico

O Ministerio de Transportes recoñece en resposta a unha consulta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que descoñece aínda as contías concretas que se destinarán a cada comunidade autónoma e segue sen avanzar a data na que efectuará o pago
 

27/09/22 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez celebra o inicio efectivo das obras da nova estación de autobuses intermodal da Coruña, un gran centro de transporte público con case 40 M€ de investimento

Vázquez Mourelle explica que este complexo inclúe a nova estación de autobuses, a remodelación da terminal ferroviaria, que debe prepararse para recibir o AVE, un aparcadoiro e os accesos axeitados, sumando un total de 120 M€

27/09/22 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Muíños colaboran na mellora do sistema de abastecemento municipal en varios núcleos do municipio

A Xunta financiará integramente as actuacións, achegando 48.000 €, e asesorará tecnicamente á administración local para optimizar a calidade de subministro de auga potable os veciños dos núcleos do Agrelo, Pazó e das Maus de Salas