Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

21/07/20 | 10:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria das primeiras axudas para a mellora da calidade da auga das traídas veciñais por importe de 750.000 euros

Os incentivos cubrirán o 80% do financiamento das actuacións que resulten elixidas, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto

20/07/20 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de reforma integral da estación de autobuses de Viveiro, ás que destinou 221.300 euros

O proxecto incluíu a substitución total da cuberta do edificio e outras melloras na dársena e no interior da terminal

20/07/20 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 4,3 millóns da Xunta na transformación da estrada PO-308 entre O Covelo e A Granxa, no concello de Poio

Salienta o cumprimento do compromiso adquirido cos veciños do Covelo e Raxó, que teñen “á súa disposición unha estrada distinta, moito máis funcional, humana e segura, especialmente para os peóns, que poden desprazarse sen risco”

19/07/20 | 10:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Observatorio de custos de transportes de mercancías por estrada de Galicia permite calcular as tarifas asociadas a 18 modalidades de actividades diferentes

A Xunta desenvolveu esta ferramenta da man do sector coa fin de ofrecerlle un instumento útil para facer unha estimación dos custos da súa actividade

18/07/20 | 10:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta completará a vindeira semana os traballos de roza e limpeza que está e levar a cabo nas marxes de estradas autonómicas da comarca de Celanova

Estas intervencións rematarán o vindeiro venres na OU-411, en Padrenda e Quintela de Leirado, e na OU-404, en Cartelle

17/07/20 | 14:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa a situación de prealerta por seca hidrolóxica na comarca de Ortegal e na Mariña Lucense

Este aviso temperá aplícase só ás concas do río Mera e dos ríos máis pequenos que desembocan nas rías de Ortigueira e Cedeira; e ás concas dos ríos da Mariña lucense que desembocan no mar Cantábrico

17/07/20 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Manle, no concello de Rois

Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo de preto de 3 quilómetros, nas parroquias de Ermedelo e Augasantas

16/07/20 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a finais de agosto as obras de mellora dos aparcadoiros, firmes e vías do Hospital Materno da Coruña estarán á disposición dos pacientes e dos profesionais

Os traballos, cun investimento de 195.000 euros, abranguen a mellora da vía perimetral do centro sanitario e da lavandería do Sergas na cidade

16/07/20 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Iso, no concello de Arzúa

Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo de preto de 1 quilómetro, nas parroquias da Castañeda e Lema

15/07/20 | 16:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas