Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

27/07/20 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/07/20 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta rematará a vindeira semana os traballos de roza e limpeza que leva a cabo nas marxes das estradas das comarca de Noia, Fisterra, Lugo, Terra Chá, O Condado e Pontevedra

As intervencións concluirán nas estradas da provincia da Coruña AC-445 - VG-1.4 en Corcubión, Cee e Fisterra; na AC-445, tamén en Fisterra; e na AC-554, en Outes

26/07/20 | 10:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe dúas ofertas para a explotación durante os vindeiros 5 anos da nova estación de autobuses da intermodal de Ourense

Este contrato, por un valor duns 1,17 millóns de euros, ten como obxectivo que a adxudicataria se encargue da explotación da nova terminal da Ponte a partir de comezos de outono

25/07/20 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Xunco, no concello de Cervo

Os traballos desenvólvense nun tramo do río de 380 metros, na parroquia de Rúa

25/07/20 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns as obras da nova senda na PO-225 entre Alba e San Caetano, en Pontevedra

A actuación suporá un investimento próximo aos 640.000 euros, tendo en conta o pagamento das expropiacións necesarias

25/07/20 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de mellora dos firmes e vías do Hospital Materno da Coruña coa posta á disposición das primeiras 23 prazas de aparcadoiro

Os traballos contan cun investimento global de 195.000 euros e abranguen a mellora da vía perimetral do centro sanitario e da lavandería do Sergas na cidade

24/07/20 | 15:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda dos traballos de reposición da canle natural do regato que transcorre entre os lugares de Rubial e Troitomil, en Boqueixón

Esta actuación, cun investimento autonómico de preto de 90.000 euros, conta cun prazo de tres meses e será executada por Tragsa

24/07/20 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza as obras de reforma e modernización da estación de autobuses de Burela, ás que destinou 72.000 euros

Os traballos supuxeron unha mellora significativa da cuberta, a renovación da rede de recollida de augas pluviais e da instalación eléctrica e o pavimentado da zona de circulación dos autobuses

24/07/20 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede axudas a 11 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, cun investimento de 400.000 euros

O obxectivo é mellorar as capacidades do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

24/07/20 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ofrécese a licitar de inmediato a dragaxe da ría do Burgo se o Goberno de España lle transfire os fondos necesarios para a obra

O Goberno galego pon esta solución enriba da mesa para impulsar definitivamente os traballos ante a falta de avances por parte do Goberno de España