Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

02/08/20 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 220.000 euros na restauración do bosque de Ribeira no río Umia ao seu paso polo concello da Estrada

Neste proceso realizaranse as xestións previas para a disposición temporal dos terreos na zona de actuación do río, que ten como obxectivo a rehabilitación desta contorna e a preservación das zonas que presentan unha boa conservación

01/08/20 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pide ao concello de Vigo e a Adif un esforzo pola coordinación das obras que permita pór en servizo canto antes a estación intermodal e o centro comercial Vialia

Salienta a importancia do acordo entre as tres administracións para a execución dunhas obras de accesos que, cun investimento de 20 millóns de euros, permitirán o funcionamento do complexo intermodal e transformarán todo o contorno

01/08/20 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/08/20 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago en Conxo de Abaixo iniciarán este luns os traballos de pavimentación definitiva da rúa Fervenza

Para minimizar o efecto na circulación habilítase un desvío provisional polo interior das instalacións do hospital Psiquiátrico

01/08/20 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e mantemento no noiro de protección da marxe do río Mero en Ponte Peiraio, no concello de Cambre

Os servizos de conservación fluvial de Augas de Galicia están a actuar no muro de sostemento da senda que se viu afectado o pasado inverno, retirando ás árbores caídas e a varanda para reducir o seu peso e evitar un atoamento no río

31/07/20 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Asociación de Construtores de Pontevedra acordan unha nova licitación das obras do Hospital Público Gran Montecelo unha vez revisado o proxecto

O Goberno galego considera necesario reiniciar o procedemento para garantir a viabilidade da actuación e asegurar que a ampliación do hospital de Pontevedra se realiza nos prazos estipulados e sen incidencias

31/07/20 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta redactará e someterá a información pública o proxecto do aparcadoiro que dará servizo ao centro de saúde de Narón, na marxe da estrada AC-862, que logo executará o concello

O proxecto do aparcadoiro quedará vinculado á propia estrada autonómica, o que permitirá a súa tramitación por Lei de Estradas, máis áxil e sinxela que tramitar unha modificación urbanística

31/07/20 | 12:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pon en valor o uso das últimas tecnoloxías nas inspeccións da Xunta sobre as pontes como accións preventivas para garantir a súa seguridade

A conselleira destaca as vantaxes do emprego de drons nas inspeccións, pois permiten acceder a zonas inaccesibles das infraestruturas e e realizar os controis sen afectar ao tráfico

31/07/20 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de instalación do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona

A Plataforma de contratos de Galicia recolle a licitación desta actuación por un investimento duns 270.000 euros e cun prazo de execución de 5 meses

30/07/20 | 16:08 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa dúas novas liñas de axudas que dotadas con 18 millóns de euros e dentro do Plan de reactivación económica reforzarán a ciencia e a innovación

Feijóo destaca que unha das liñas correspóndese coa cuarta edición do programa Fábrica Intelixente e Sostible; e a outra é unha nova orde de axudas para continuar na loita contra a covid-19