Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

06/08/20 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia un expediente sancionador contra Adif por unha posible infracción grave tipificada na Lei de residuos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitaron esta mañá o lugar no que acabaron depositados dous vagóns do tren de mercadorías que descarrilou a semana pasada á altura de Carballeda de Valdeorras

06/08/20 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza en varios ríos ao seu paso polos concellos de Carballo e Coristanco

Estas tarefas estanse a desenvolver no río Anllóns ou nos regos de Oza e da Balsa, en Carballo; e no río Grande, entre este último municipio e o de Coristanco

06/08/20 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no río Brexa, no concello de Cambre

Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso pola parroquia de San Paio de Brexo

05/08/20 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, entre os concellos de Tomiño e Tui

Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses

05/08/20 | 14:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no río Umia, nos concellos de Ribadumia, Cambados e Vilanova de Arousa

Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso polas parroquias de Baión, Oubiña ou Ribadumia

05/08/20 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza a posta en servizo da glorieta na AC-164 en Bergondo coa que finalizan as obras de eliminación do treito de concentración de accidentes cun investimento de 405.000 euros

A nova glorieta, na intersección coa estrada de San Isidro, permite realizar os xiros e os cambios de sentido en condicións de maior seguridade

05/08/20 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de limpeza e conservación da ponte sobre o río Avia, na estrada OU-209, no concello de Leiro

As actuacións supoñen un investimento duns 30.000 euros e prevén un prazo de execución de tres meses

04/08/20 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta redactará o plan de sendas do baixo Miño coa fin de acceder aos fondos europeos do período 2021- 2027

Vázquez Mourelle trasladoulle ao rexedor que o plan estudará a priorización, de acordo con criterios técnicos obxectivos, da execución dunha senda arredor do Monte de Santa Tegra

04/08/20 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa os traballos para poñer en servizo a conexión da estrutura de regulación da Malata co colector da Cabana que deixará libre de vertidos a metade da enseada

A intervención, cuxo remate se prevé este venres, consiste na perforación do pozo de rexistro do interceptor situado na rotonda de acceso ao porto interior e na colocación da tubaxe

04/08/20 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na contorna do parque empresarial da pasaxe, en Gondomar

Os traballos de mellora da seguridade viaria nesta estrada que une O Porriño e Gondomar suporán un investimento próximo aos 435.000 euros