Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

12/08/20 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés nas rúas Garabal e Mulas ao seu paso polo polígono do Tambre

As actuacións, adxudicadas por un importe de case 800.000 euros, comezarán en setembro e terán un prazo de execución de 6 meses

11/08/20 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/08/20 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A circulación na A-52 xa está restablecida ao adiantar o remate das obras de estendido da capa de rodadura

O avance nos traballos permitiu finalizalos antes do previsto, reducindo só ao día de onte o corte de calzadas na autovía e evitando as afeccións previstas para hoxe

11/08/20 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme de dúas estradas en Carballeda de Valdeorras, no acceso ás canteiras de lousa

Esta actuación, cun investimento de máis dun millón de euros, terá un prazo de execución de 6 meses

10/08/20 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica hoxe a aprobación da transferencia a prol do concello de Nigrán dos tramos da estrada PO-333 que coinciden coas rúas Otero Pedrayo e do Mariñeiro

Trátase de treitos da vía autonómica integrados no tecido urbano, entre os puntos quilométricos 0 e 1+110 e o 1+200 e 1+760

10/08/20 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción da Estratexia galega de mobilidade para definir unha rede coordinada de servizos e infraestruturas moderna, sostible e eficiente para aumentar a competitividade

Este contrato foi licitado por un importe de máis de 922.000 euros e as empresas interesadas teñen de prazo ata o 14 de setembro para presentar as súas ofertas

09/08/20 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución da nova senda entre Alba e San Caetano, en Pontevedra, fará necesario o corte da estrada PO-225 a partir do vindeiro 12 de agosto

Este peche da circulación é preciso para permitir o avance nos traballos e garantir a seguridade de peregrinos, veciños e usuarios da vía

08/08/20 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A A-52 rexistrará cortes o luns e o martes para estender a capa de rodadura coa fin de avanzar nos últimos pasos para a posta en servizo da conexión co polígono de San Cibrao das Viñas

O luns haberá cortes na calzada dereita, en sentido Vigo, manténdose a circulación na outra, e o martes o peche trasladarase á esquerda, sentido Benavente

07/08/20 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a aprobación do proxecto para eliminar un treito de concentración de accidentes na estrada PO-551, en Domaio, no concello de Moaña

Esta intervención conta cun orzamento de case 570.000 euros, dos que preto de 78.000 euros se corresponden coas expropiacións

07/08/20 | 11:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do plan director de saneamento de Betanzos, cun investimento de 433.000 euros

As empresas interesadas na realización deste servizo poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de setembro