Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Augas de Galicia actualizará o censo de industrias con autorización de vertedura
A entidade hidráulica da Xunta contará con apoio técnico para a revisión do censo de industrias obrigadas a obter autorización de vertido e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos
A Xunta mellorou a seguridade nun treito da estrada LU-633 que coincide co Camiño Francés en Barreiros, no Concello de Sarria
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación incluíu a instalación dunha pasarela de madeira e un valado, o acondicionamento do pavimento na zona pola que transitan os peóns e o reforzo da sinalización de advertencia de perigo
A Xunta somete a información pública a mellora de 66 paradas de autobús nos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Carballo, Cerceda, Malpica e Ponteceso
Trenor informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 1,8 millóns de euros
Mellorarase a seguridade e a comodidade das paradas, nas que se instalarán marquesiñas, postes, bancos ou o apoio isquiático, entre outras actuacións
A Xunta apraza o investimento de 8 M€ na senda litoral e a pasarela de Santa Cristina ante a falta de apoio do Concello da Coruña
Francisco Menéndez anuncia esta decisión tras manifestar os concellos da Coruña e de Oleiros que se decantan por resolver a conexión peonil e ciclista entre ambos os municipios a través da Ponte Pasaxe
A Xunta somete a información pública o proxecto para mellorar 51 paradas de autobús na zona norte de Lugo, no que investirá 1,6 M€
Estase elaborando unha proposta similar para as estradas autonómicas da provincia que conectan coa cidade polo sur
Fernández-Tapias anuncia unha “importante mellora” do tráfico e da mobilidade peonil en Teis coa humanización da Avenida de Galicia que xa foi licitada cun investimento de preto de 2,5 millóns
A delegada territorial da Xunta en Vigo avanza a publicación do concurso público para a primeira fase de reforma do vial que discorre sobre a PO-323
A Xunta asina co Concello de Coirós o convenio para dotar de saneamento o núcleo da anta cun investimento de preto de 330.000 euros
A Xunta achegará o 60% do orzamento, algo máis de 196.000 euros, e executará as obras, mentres que o Concello contribuirá co 40%, achegando case 131.000 €
A Xunta remata as obras da glorieta de enlace da autovía do Salnés coa Estrada PO-504 en Sanxenxo
As actuacións, cun investimento de preto de 48.000 euros, permitiron o acondicionamento da entrada principal deste municipio pontevedrés, tras rematar a pasada primavera a mellora da capacidade no enlace
Rueda destaca que coa prolongación da AG-59 os tempos de viaxe entre os municipios de Santiago e A Estrada se reducirán a 10 minutos sen pagar peaxes
Salienta que as obras comezarán o vindeiro ano e contarán cun investimento conxunto de máis de 65 millóns de euros
A Xunta comeza as obras de restitución do ramal de acceso á autovía do Morrazo en Domaio, no concello de Moaña
A actuación, cun investimento estimado en 40.000 €, consiste na demolición do firme no punto danado polas choivas e na escavación das partes erosionadas para encher con novo material e compactalo