Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez anuncia a licitación por máis de 1 M€ das obras da 1ª fase de acondicionamento e mellora da seguridade da estrada que une Grilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños
Vázquez Mourelle sinala que as empresas teñen ata o 12 de abril para presentar ofertas, co obxectivo de iniciar as obras no verán e rematalas a comezos de 2022
A Xunta comeza a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza en distintas estradas das provincias de Ourense e de Pontevedra
Inícianse as rozas na estrada OU-525, no tramo entre a cidade de Ourense e Allariz; na OU-933, no municipio da Rúa; e na OU-533, ao seu paso pola Gudiña, Viana do Bolo, A Veiga e A Rúa
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de iluminación da ponte Esperela sobre o río Avia na estrada OU-209, en Leiro
Esta actuación, adxudicada por máis de 18.000 euros, conta cun prazo de 6 meses
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Mendo, nos concellos de Oza-Cesuras e de Coirós
Os traballos estanse a desenvolver no leito do río, nun tramo de 3,1 km de lonxitude
A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo de remodelación integral do parque de San Martiño de Carballo, parte do Plan de xestión do risco de inundacións no río Anllóns
Os traballos, adxudicados por preto de 18.000 euros, teñen un prazo de 2 meses
A Xunta solicítalle ao Goberno de España que simplifique os trámites para autorizar obras de saneamento imprescindibles en Pontevedra, Pontedeume, Burela, Foz e Viveiro
Vázquez Mourelle lembra que a autorización para a construción do novo emisario submarino da ría de Pontevedra foi solicitada en maio de 2018 e aínda non foi emitida debido ás múltiples demandas de documentación do Ministerio
A Xunta licita por 3,6 millóns de euros a mellora do firme e o reforzo da seguridade viaria do treito autonómico da estrada N-525 na contorna dos polígonos de San Cibrao e Barreiros
Ethel Vázquez salienta que se trata de mellorar unha vía pola que circulan ata case 20.000 vehículos ao día, facilitar os movementos cara ás zonas industriais e ofrecer maior seguridade e comodidade nos desprazamentos
A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na Avenida da Paz de Ribeira, que comezarán nas vindeiras semanas
A actuación, adxudicada por un importe de 48.000 euros, ten un prazo de execución de 2 meses
A Xunta licita por máis de 780.000 euros as obras de humanización da Avenida do Bierzo no Concello do Barco de Valdeorras
Os traballos conta cun prazo de 8 meses e o obxectivo é poder inicialos no verán
A Xunta e o Concello de Foz coinciden na necesidade de máis axilidade nos trámites por parte da Dirección Xeral da Costa e o Mar para o impulso da nova depuradora do municipio
A directora e o alcalde comparten a preocupación ante os requisitos da Lei de Costas para a regularización de depuradoras en dominio público