Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia as obras de estabilización do muro do aparcadoiro do Hospital Materno Infantil da Coruña
As actuacións consistirán na reconstrución do muro que sufriu desprendementos como consecuencia do mal estado dunha tubaxe e das fortes chuvias de decembro
A Xunta adxudica as obras da nova senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo no concello de Marín
A actuación, contratada por preto de 565.000 €, prevé o seu comezo na segunda quincena de abril, co obxectivo de rematala a finais de ano ou principios de 2022
Gonzalo Trenor supervisa o remate das obras das sendas en Fontán e entre Mandín e As Torres, nos concellos de Sada e Oleiros
Construíronse 2 itinerarios mixtos nas estradas autonómicas AC-163 e AC-182, de 2 metros de ancho que suman case 1 quilómetro de novas sendas
A Xunta adxudica por máis de 845.000 euros as obras dunha nova senda entre Carballo e Coristanco
A actuación comezará na segunda quincena de abril e o obxectivo é poder rematala a finas deste ano, xa que o prazo de execución é de 8 meses
A Xunta adxudica as obras para a execución dunha nova senda na estrada AC-133 entre Franza e Rilo, no Concello de Mugardos
Os traballos, contratados por máis de 380.000 euros, prevén o seu comezo na segunda quincena de abril e o obxectivo é executalos este mesmo ano
A Xunta inicia a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza en catro estradas das provincias de Ourense e de Lugo
Comezan as limpezas e rozas na OU-536, ao seu paso polos concellos de Ourense, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Castro Caldelas e A Pobra de Trives; na OU-636, na Pobra de Trives e Larouco; e na OU-637, en Larouco e Petín
A Xunta licita a redacción do novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, co obxectivo de aproximarse á meta de cero vítimas de tráfico nas estradas autonómicas
Este contrato, licitado por un importe de case 145.000 euros, conta cun prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 5 de abril
A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño, no Concello de Salceda de Caselas
Os traballos, adxudicados por máis de 18.000 euros, teñen un prazo de 6 meses
A Xunta adxudica a execución do bombeo de augas residuais nas Quintas e A Gradeira, no Concello de Toén
O contrato, cun investimento de preto de 38.000 euros, conta cun prazo de execución de 3 meses
A Xunta remítelle ao concello de Friol o convenio de colaboración para dotar de saneamento o núcleo de Roimil, que suporá un investimento de máis de 280.000 euros
As actuacións propostas pola Xunta, cun prazo de execución de 6 meses, estenderán a rede de depuración de augas residuais aos lugares do Campo da Feira, O Pazo, Currás e A Penagateira