Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

05/04/21 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 13 empresas para executar o acondicionamento da estrada AC-110 no Concello das Somozas, que suporá un investimento de máis de 500.000 €

Esta actuación, que conta cun prazo de execución de 6 meses, iniciarase no verán co obxectivo de rematala este mesmo año

05/04/21 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/04/21 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia mañá a mellora do firme na autoestrada AG-55 entre Arteixo e Carballo, que fará necesarios cortes puntuais de carrís ata o venres

As obras consisten no estendido de microaglomerado en varios treitos de ambas as calzadas entre os puntos quilométricos 16 e 29 da autoestrada

04/04/21 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta prosegue a vindeira semana cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica

Continuarán os labores que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña, na vía de alta capacidade VG.-1.2, en Ares e Mugardos

04/04/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A estrada LU-621, entre Láncara e a urbanización de Valdriz, rexistrará un corte de tráfico desde o martes para avanzar no seu acondicionamento e nunha nova senda

O desvío do tráfico é preciso para mellorar o trazado da vía coa rectificación da curva anterior á ponte, que require da realización de pequenas voaduras

03/04/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por un investimento de máis de 2,9 millóns de euros a execución das obras de mellora do firme nas estradas autonómicas da provincia da Coruña AC-840 e AC-523

As intervencións comezarán na segunda quincena de abril e teñen por obxectivo a rehabilitación integral do firme en 50 quilómetros destas dúas estradas

02/04/21 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos no concello de Valga

Os traballos estanse a desenvolver nos ríos Valga, Louro e Regueiro ao seu paso polas parroquias de Xanzá, Cordeiro e Campaña

02/04/21 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do Rego das Laxes, no concello de Teo

Os traballos estanse a desenvolver neste río ao seu paso pola parroquia de San Xoán de Recesende

31/03/21 | 16:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta culmina as obras da primeira fase da Estación Intermodal de Santiago co remate das obras da pasarela

A Axencia Galega de Infraestruturas executou as obras da estación de autobuses e da pasarela da estación intermodal, cun investimento total de 16M€ dos cales a Xunta achegou 12

31/03/21 | 15:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez garante que a Xunta demandará ao Ministerio de Transportes o impulso efectivo da autovía Ourense-Lugo como actuación estratéxica e prioritaria para a vertebración de Galicia

Traslada a preocupación do Goberno galego pola falta de avances nunha infraestrutura fundamental para o interior da Comunidade, planificada hai 18 anos e con só o 9% do investimento executado