Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta publica no DOG a encomenda á empresa pública Tragsa das obras de reposición do leito do Regato de Souto no Concello de Sanxenxo
A intervención, cun investimento autonómico de máis de 57.000 euros, forma parte das actuacións de Augas de Galicia de protección de ribeiras fluviais
A Xunta solicita que a conexión ferroviaria entre Ferrol e A Coruña se integre como parte do Corredor Atlántico de Mercadorías e se transforme en competitiva
Ethel Vázquez avanza que a Xunta lle solicitará o venres ao ministro de Transportes un plan para reducir á metade o tempo de viaxe en tren entre Ferrol e A Coruña
A Xunta recibe seis ofertas para executar as obras de humanización da avenida do Bierzo no concello do Barco de Valdeorras, que suporán un investimento autonómico de 815.000€
Os traballos contan cun prazo de 8 meses e o obxectivo é poder inicialos este verán
A Xunta inicia as obras de acondicionamento do edificio do servizo de mobilidade na Coruña cun investimento de preto de 500.000 euros
O obxectivo é mellorar as condicións de traballo dos 30 empregados do Servizo provincial de Mobilidade, así como a atención aos cidadáns que acoden ás instalacións a realizar xestións
Gonzalo Trenor explica aos empresarios da Sionlla os plans de expansión do polígono con 305.697 metros cadrados dispoñibles cun 30% de bonificación na súa venta
O delegado da Xunta mantivo unha xuntanza con representantes da asociación de empresarios para trasladarlles os cambios incluídos no proxecto sectorial para permitir a implantación de novo tecido empresarial
A Xunta destaca a estación intermodal como exemplo da súa aposta pola mobilidade en Pontevedra e reclama ao Goberno de España avances na circunvalación e o nó de bombeiros
Alfonso Rueda salienta o compromiso da Xunta coa cidade cun investimento de case 200 M€ na intermodal, o Gran Montecelo ou a mellora do saneamento da ría
A Xunta recibe un total de 13 ofertas para executar as obras de mellora de firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal, que suporán un investimento de 1,4 M€
As obras, que comezarán no verán, realizaranse nas estradas AC-101, AC-546, AC-566 e AC-861, nos concellos de Cedeira, Ortigueira, Cabanas, A Capela e As Pontes
A Xunta recibe un total de 28 ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria na AC-840 entre Porzomillos e Oza, en Oza-Cesuras, que suporán un investimento de preto de 454.000€
O obxectivo da Xunta é iniciar este mesmo ano as dúas intervencións previstas, que se realizarán de xeito coordinado e simultáneo
A Xunta recibe un total de 12 ofertas para executar as obras de mellora da conexión da vía rápida do Salnés coa PO-504 en Sanxenxo, que suporán un investimento autonómico de 335.000€
O obxectivo é iniciar os traballos despois do verán coa fin de mellorar a fluidez do tráfico nesta contorna e reducir os atascos na época estival
A Xunta aborda coa Fundación ONCE a adaptación da estación intermodal de Santiago ás persoas con cegueira ou limitación visual
A instalación consta de percorridos podotáctiles e carteis en braille para facilitar o acceso ao transporte público das persoas cegas ou con limitacións de visión