Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Un total de 15 empresas presentan as súas ofertas para executar a 1ª fase de acondicionamento da estrada AC-423 entre Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños
A Xunta prevé iniciar as actuacións este verán e finalizalas a comezos de 2022
A Xunta asina o contrato das obras do hospital público ‘Gran Montecelo’ de Pontevedra, que comezarán a principios de maio e suporán un investimento de case 130 millóns
Os traballos da primeira fase, que contan cun prazo de execución de 42 meses, consisten na construción dun novo edificio hospitalario cunha superficie de 92.000 m2 distribuídos en 10 andares
Ethel Vázquez avanza que a Xunta convocará este mesmo mes as primeiras axudas aos concellos para localizar fugas nas redes municipais de abastecemento de auga
Vázquez Mourelle salienta que esta orde de subvencións, dotada con 500.000 €, pretende facer fronte a unha media de perda do 30% de auga das redes en Galicia, en liña cos obxectivos da Lei de garantías de abastecemento aprobada en 2019
A Xunta continúa a vindeira semana cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica das provincias da Coruña, de Ourense e de Pontevedra
Proseguirán os labores que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña na vía de alta capacidade VG.-1.2, en Ares e Mugardos
A Xunta acondiciona as zonas verdes das sendas nas estradas PO-325 en Praia América e PO-340 na Ramallosa, en Nigrán
No itinerario da zona de Praia América estase a acondicionar a banda axardinada coa disposición de plantas, cuxo mantemento se comprometeu a realizar o Concello
A Xunta adxudica por preto de 420.000 euros as obras para actuar nun treito de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-551 en Domaio, no concello de Moaña
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o inicio dos traballos na primeira quincena de maio, co obxectivo de telos rematados a finais deste ano
A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo do novo bombeo e depósito de retención da seca e da mellora da estación de bombeo de augas residuais de Porto Campelo, en Poio
A Plataforma de contratos da Xunta publica hoxe o anuncio de contratación dos traballos por importe de máis de 141.000 euros, dispoñendo as empresas ata o 11 de maio para presentar as súas ofertas
A Xunta adxudica por preto de 253.000 euros as obras da nova glorieta na estrada AC-550 en Xuño, no concello de Porto do Son
Os traballos comezarán a finais de maio e terán un prazo de execución de 3 meses
A Xunta inicia as obras de estabilización dun noiro na estrada autonómica AC-550 no Concello de Cee
Os traballos suporán un investimento de preto de 45.000 euros e estímase que poderán estar finalizados no prazo dun mes
A Xunta recibe 9 ofertas de empresas interesadas nas obras de acondicionamento da estrada N-525 na contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e de Barreiros, cun investimento de 3,6 M€
Os traballos empezarán en verán co obxectivo de estar rematados este mesmo ano