Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

24/04/21 | 10:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Castro de Rei asinan o convenio para completar a rede de abastecemento de auga do municipio cun investimento de 400.000 euros

A Xunta achegará o 80% do orzamento, 320.000 euros, e executará as obras, e o Concello de Castro de Rei contribuirá co 20% restante, 80.000 euros

23/04/21 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 1,2 millóns de euros os contratos para a renovación de 200 novas marquesiñas de autobús na comunidade

A iniciativa prevé a fabricación destes refuxios a partir dun deseño integrado nas contornas rurais para proceder, posteriormente, á súa distribución

23/04/21 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realizará un inventario das infraestruturas que existen nas 170 áreas fluviais con maior risco de inundación da demarcación Galicia-Costa

Augas de Galicia licita por case 1,3 millóns de euros o contrato de servizo para estudar a influencia no risco de inundación das estruturas situadas en 548 km de río

23/04/21 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 450.000€ a mellora da estrada LU-170 entre Xermade e Cabreiros, incluída no Plan de reforzo de firmes que este ano prevé un investimento de 4,6 M€ nas provincia de Lugo

Vázquez Mourelle informa de que as empresas teñen ata o 19 de maio para presentar as ofertas a estas obras, que comezarán en verán e rematarán este ano

23/04/21 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta restablece a totalidade dos servizos de transporte público dos sábados nas áreas da Coruña e de Ferrol ao detectar un incremento da demanda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade solicitoulle á empresa concesionaria a restitución completa dos servizos dos sábados recollidos nos contratos

22/04/21 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 520.00 euros as obras da senda na estrada autonómica PO-551 entre Trasouto e o Alto da Portela, no Concello de Bueu

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o inicio dos traballos na segunda quincena de maio, co obxectivo de telos rematados a principios de 2022

22/04/21 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/04/21 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/04/21 | 16:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta compensará con 2,5 millóns de euros ao sector de transporte público de viaxeiros por estrada pola forte perda de viaxeiros rexistrada no primeiro trimestre do ano

A conselleira informa dunha nova medida de apoio ao sector do transporte público ante unha caída da demanda que, de media, superou o 60% a consecuencia da covid-19

21/04/21 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza no saneamento da ría de Pontevedra coa licitación da redacción do proxecto da mellora do bombeo de Cocheras, que suporá un investimento autonómico de 3,7 M€

Vázquez Mourelle destaca que a mellora do sistema de saneamento Cocheras-Os Praceres permitirá paliar as consecuencias das deficiencias da rede municipal pola infiltración de pluviais e do mar e evitar vertidos no fondo da ría