Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/04/21 | 20:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa os traballos iniciais da senda peonil de Reza

Gabriel Alén incidiu ante os veciños nas melloras que suporá a nova senda na OU-402, cun investimento autonómico de preto de 1,1 M€

29/04/21 | 19:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O director da Axencia Galega de Infraestruturas salienta que a Vía Ártabra, na que a Xunta inviste 40 M€, se está a executar con todas as garantías ambientais

Francisco Menéndez fai fincapé en que se trata da maior licitación do Goberno galego en materia de estradas na última década

29/04/21 | 17:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Centro Tecnolóxico da Automoción acordan colaborar para desenvolver ferramentas de dixitalización e innovación na rede autonómica de estradas

O Goberno galego expón a súa estratexia para a dixitalización de estradas, que espera desenvolver con fondos europeos do programa ‘Next Generation’

29/04/21 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta someterá en verán a información pública o proxecto de mellora da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros, que suporá un investimento de máis de 12 millóns de euros

Francisco Menéndez subliña que a redacción do proxecto de trazado xa está moi avanzada e se prevé comezar tamén en verán o proceso expropiatorio

29/04/21 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto para o acondicionamento e mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400 no Concello de Arbo

Procederase á rehabilitación do firme e á execución de beirarrúas e sendas nos tramos urbanos, acondicionaranse os cruces e construirase unha nova rotonda

29/04/21 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita ao Concello da Coruña que planifique o reforzo do transporte urbano para atender a demanda que xerará a apertura do Espazo Amizar

O Goberno galego pídelle ao Concello que revise e planifique os servizos das paradas próximas para atender as necesidades de desprazamento dos empregados e usuarios do novo centro administrativo, que estará finalizado no verán

29/04/21 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Ourense da rúa da Concordia e do treito de avenida de Buenos Aires entre as rúas de Santo Domingo e Ramón Cabanillas

A Xunta e a entidade local asinaron en 2018 un protocolo polo que a Administración autonómica se comprometía á execución de distintas actuacións na rede de estradas da cidade

28/04/21 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta ao Concello de Ponteareas unha proposta de colaboración para a mellora e a cesión da xestión da estación de autobuses, na que se investirán preto de 535.000 euros

Trátase de executar as obras necesarias de acondicionamento da terminal do municipio e outorgar á Administración local a explotación e o uso destas dependencias

28/04/21 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nos traballos de acondicionamento das zonas verdes da senda da estrada autonómica PO-308 entre Portonovo e A Lanzada, no Concello de Sanxenxo

Os traballos supoñen un investimento autonómico de preto de 95.000 euros e céntranse no acondicionamento dunha banda axardinada deste itinerario peonil

28/04/21 | 15:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o investimento da Xunta de case 38 M€ na execución de obras de saneamento e depuración no Concello de Pontevedra

Vázquez Mourelle destaca que a capital da provincia acapara case todos os investimentos e obras previstos no marco Plan de saneamento da ría de Pontevedra