Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

08/11/22 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil entre Bamio e Carril, en Vilagarcía de Arousa, que suporá un investimento autonómico de case 330.000€

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, presentou esta actuación para a mellora da seguridade viaria na contorna das estradas autonómicas PO-548 e PO-192

06/11/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas OU-403 e OU-536, na provincia de Ourense

As intervencións realizaranse ao paso destas vías polos concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo e Castro Caldelas 

05/11/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/11/22 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará o vindeiro ano 4,8 M€ ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, o que beneficiará a 26.500 usuarios cada día

Francisco Menéndez salienta o aumento nun 86% da partida destinada aos descontos e a paliar o impacto do IPC nas tarifas nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57)

03/11/22 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840 no treito coincidente co Camiño do Norte, no concello de Boimorto

A intervención, cun investimento de preto de 45.000 €, consiste na execución dunha senda de case 400 metros por ambas as marxes da estrada entre os puntos quilométricos 33 e 33+370
 

02/11/22 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 610.000 € as obras para dotar de abastecemento as parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato, no concello de Pantón

Dotarase deste servizo de auga potable a 240 veciños de 26 núcleos destas parroquias que actualmente carecen del e se abastecen de pozos

02/11/22 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto para executar dous aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido na comarca do Morrazo

Habilitarase un aparcadoiro disuasorio de 81 prazas na autovía do Morrazo e outro de 75 prazas na estrada PO-551 en Domaio, ambos os dous no concello de Moaña

02/11/22 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza a posta en servizo en novembro da 1ª fase da autovía Nadela-Sarria e lamenta que o goberno “eternice” as autovías de Lugo e a solución definitiva para A-6

Salienta que a Xunta está xa inmersa na redacción do proxecto da 2ª fase da autovía, que completará o percorrido desde A Pobra de San Xiao ata Lugo

02/11/22 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Zas de dous treitos das estradas AC-430 e AC-552 ao paso pola parroquia de Santa María de Baio

Transfírense o treito inicial de 180 metros de lonxitude da AC-430 e o tramo de case 500 metros da AC-552, entre o quilómetro 58 e o 58+440

02/11/22 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Mondariz de distintos treitos de estradas autonómicas e de sendas peonís ao paso polo municipio

Transfírense varios treitos antigos das estradas PO-254 e PO-262, o treito inicial da PO-261 e as sendas nas vías PO-262 e PO-431 na súa totalidade, xunto coa súa franxa de dominio público viario