Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

09/05/21 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa a vindeira semana os traballos de roza e limpeza que están en marcha en distintas estradas das provincia de Ourense, de Pontevedra e da Coruña

Proseguirase coas tarefas de roza nas estradas ourensás OU-533 na Gudiña, Viana do Bolo, A Veiga e A Rúa, e na OU-636 na Pobra de Trives e Larouco

08/05/21 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/05/21 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade dos peóns na estrada AC-221 na contorna do encoro de Cecebre, en Abegondo

A actuación, cun investimento de máis de 10.000 euros, consiste na construción dun treito de senda de 100 metros de lonxitude

07/05/21 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta restablece desde o luns a totalidade dos servizos de transporte público de titularidade autonómica

A recuperación de servizos é acorde coa evolución sanitaria e atende ás necesidades de mobilidade, restablecendo as expedicións no 100% das liñas, que foron obxecto de adaptacións como consecuencia da covid-19

07/05/21 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza a bo ritmo nas obras de Valdriz e acometerá o ensanche da ponte a primeiros do mes que vén

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe os traballos, que están a rematar coas voaduras controladas que suporán a escavación de máis de 15.000m3

07/05/21 | 10:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de integración paisaxística do Camiño Francés en Santiago obrigan este sábado ao corte do carril ascendente da avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri

Mañá estenderase o aglomerado no carril ascendente de Rodríguez de Viguri, o que obrigará a habilitar itinerarios alternativos de subida para o tráfico nesa zona

06/05/21 | 17:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza o próximo inicio das expropiacións precisas para executar unha senda e mellorar a seguridade viaria na estrada PO-308 entre Fontenla e Combarro, no Concello de Poio

O director da Axencia Galega de Infraestrutura apunta á necesidade de que Concello estude a renovación dos servizos municipais do seu interese, para evitar as incidencias na súa execución, como sucedeu coas obras entre O Covelo e Raxó

06/05/21 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta intensifica o ritmo de execución das obras da primeira fase da autovía Nadela-Sarria, entre a A Pobra de San Xiao e Sarria centro

A entrada da maquinaria pesada permite avanzar nos traballos, que inclúen voaduras controladas para a escavación en material duro, o que está a permitir a ampliación dos terrapléns e o posterior estendido da terra vexetal nos noiros

06/05/21 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pide ao Concello da Coruña aclarar se quere que a Xunta retire a súa oferta de investir 20 M€ na fachada marítima e como vai garantir a titularidade pública dos peiraos

Vázquez Mourelle lamenta a oposición do Concello á proposta e ao investimento autonómico e insta a aclarar se prevé que esa achega sexa do Concello e de Portos do Estado