Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

25/05/21 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de conversión en autovía da vía Nadela-Sarria obrigan a realizar cortes puntuais de tráfico tres días á semana

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se viñan producindo os martes e xoves e agora se amplían tamén ao mércores, en todos os casos entre as 13.00 e as 15.00 horas

25/05/21 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o contrato para a conservación e o mantemento das autoestradas AG-53 e AG-54 nos vindeiros 4 anos por un investimento de máis de 7,6 M€

Este contrato de conservación ordinaria e de vialidade invernal desenvolverase na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54)

24/05/21 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/05/21 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o investimento de máis de 900.000 euros na senda de Parderrubias, que estará rematada este ano e suporá unha mellora importante da seguridade dos veciños

Vázquez Mourelle indica que a obra, que comezou hai 15 días, consiste na construción dun itinerario de algo máis de 2 km na estrada autonómica PO-411

24/05/21 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará desde o sábado o transporte público entre a Coruña e Oleiros para mellorar o servizo ao polígono de Iñás e ao IES Miraflores

O novo itinerario mantén as paradas das liñas actuais desde Entrexardíns ao núcleo de Oleiros e engade un desvío á área comercial de Iñás con 12 novas paradas para rematar no IES Miraflores

24/05/21 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/05/21 | 10:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras de mellora de firme da estrada LU-170 entre Xermade e Cabreiros, que suporán un investimento autonómico de 450.000 euros

A intervención, na estrada que une Parga con Cabreiros ao seu paso polo municipio de Xermade, comprende actuacións de mellora nun treito de 5,5 quilómetros

23/05/21 | 10:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treitos interurbanos do río alvedosa no concello de Pazos de Borbén

Os traballos estanse a desenvolver nun tramo de máis de 1,1 km de lonxitude ao seu paso pola parroquia de Amoedo

22/05/21 | 15:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo subliña que a estación intermodal de Santiago, a primeira posta en funcionamento en Galicia, optimiza o acceso dos cidadáns ao transporte público e reforza o atractivo da capital

Pon en valor este proxecto é froito “dunha colaboración institucional intelixente e exixente” entre a Xunta de Galicia, o ADIF e o Concello de Santiago

22/05/21 | 10:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 8 ofertas para executar a mellora de firme nas estradas PO-510 e PO-400 nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000€

Na estrada PO-510 acondicionarase o firme entre os puntos quilométricos 0+000 e 15+750, incluíndo o treito do polígono industrial das Gándaras