Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por preto de 270.000 euros a execución do ‘by-pass’ no río Anllóns, en Carballo, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións
A intervención, que conta cun prazo de execución de 6 meses, mellorará a capacidade hidráulica do río ao seu paso pola zona de Muíño do Quinto
A Xunta comunica ao Concello de Vigo que abrirá a nova estación de autobuses o vindeiro 5 de decembro coincidindo coa apertura do túnel de Lepanto e o fin das obras do HALO
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, agarda que o Goberno municipal desbloquee os accesos a finais de novembro
Ethel Vázquez salienta que a senda litoral entre A Coruña e Oleiros é un proxecto ambiental e a maior aposta pola mobilidade sustentable feita na contorna
Vázquez Mourelle remarca que a proposta dunha pasarela entre Oza e Santa Cristina está avalada por informes técnicos sobre o impacto ambiental, a mobilidade e a dinámica do litoral
A Xunta investirá 7,8 M€ en medidas correctoras para reducir a afección acústica xerada pola rede de estradas autonómicas
O Plan de acción ten como obxectivo realizar un diagnóstico da situación actual e determinar as accións prioritarias no caso de superación dos obxectivos de calidade acústica, a partir da información proporcionada polos Mapas Estratéxicos de Ruído
A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-434 en Laxe, cun investimento de máis de 200.000 euros
Trenor salienta que con esta actuación a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa co desenvolvemento do Plan de reforzos de firme, co obxectivo prioritario de conservar e manter a rede viaria autonómica en boas condicións
A Xunta adxudica por máis de 826.000€ a primeira fase do acondicionamento da estrada Pontevedra-Marín, na zona de Estribela
O obxectivo é que a PO-546 en Estribela sexa máis segura para os peóns, levando a cabo unha transformación integral nun treito de 500 metros
A Xunta convoca as probas para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada para o vindeiro ano
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará un total de 8 convocatorias de exames de distintas categorías, aproximadamente unha cada dous meses
A Xunta asina a colaboración co concello de Riós para a renovación e mellora do abastecemento e do saneamento no núcleo do Navallo cun investimento de máis de 405.000 €
O Goberno galego prevé licitar as obras antes de que remate o ano para poder executalas durante o vindeiro ano 2023
A Xunta inicia as obras de reforzo da seguridade viaria na estrada OU-113 en Laza, no treito coincidente coa Vía da Prata
Os traballos, que se desenvolverán entre os puntos quilométricos 30+150 e 30+720, contarán cun investimento autonómico de máis de 48.500 €
A Xunta considera que o peor da seca está superado ao constatar un incremento do 800% nos caudais dos ríos nas últimas semanas
A mellora da situación permite desactivar o estado de seca prolongada na Mariña luguesa e na zona de Ortegal e Cedeira, pasando a completa normalidade