Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

19/06/21 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa favorablemente ao proxecto de Adif para a remodelación da estación de San Cristóbal

O delegado da Xunta destacou que o documento da Comisión Provincial de Patrimonio, que dá o visto e prace á proposta de Adif, recolle tamén varias recomendacións para a conservación do edificio histórico protexido da estación

19/06/21 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora do espazo fluvial do río Louro, entre a PO-548 e a liña ferroviaria en Valga

O obxectivo é reducir o risco de asolagamento en Valga coas actuacións deseñadas por Augas de Galicia no Plan de xestión de risco de inundacións na área fluvial do río Ulla e Sar

19/06/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para o acondicionamento de beirarrúas na estrada PO-551 ao seu paso polo concello de Bueu

A actuación suporá un investimento autonómico de máis de 48.000 euros e as tarefas coordinarase cos traballos do Concello de modernización dos servizos baixo a beirarrúa

19/06/21 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 18 ofertas para executar as obras de demolición da antiga estación de autobuses de Santiago, que suporán un investimento de case 1,5 M€

A intervención comezará en setembro e o obxectivo é que estea entre finais deste ano e o comezo do próximo

18/06/21 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez celebra a activación da estación do AVE de Santiago e chama a coordinar horarios e medios de pago para acadar a intermodalidade completa

Vázquez Mourelle salienta as vantaxes da nova estación de autobuses construída pola Xunta ao carón da estación de ferrocarril, e conectada con esta por unha pasarela, que permite realizar en apenas 2 minutos os transbordos que antes requirían ata media hora

18/06/21 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade viaria e a mobilidade no Concello da Guarda coa continuación da VAP do Baixo Miño e coa mellora das estradas autonómicas

Francisco Menéndez subliña que está en execución a obra da vía de altas prestacións entre a A-55 e o polígono de Areas, que supón un investimento da Xunta de 21,2 M€

18/06/21 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que 1.160 mozos do Barbanza viaxan gratis por toda Galicia coa tarxeta Xente Nova que lles permite aforros de ata 1.800€ ao ano

Vázquez Mourelle resalta que todos os menores de 21 anos teñen dereito a realizar ata 60 viaxes ao mes de balde nas máis de 3.100 liñas de autobús que xestiona a Xunta

18/06/21 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica hoxe o cambio de titularidade a prol do concello de Vilamarín da estrada OU-189 en San Martiño e Pazos de Monte, na que a Xunta investirá 455.000 euros

A entidade local asume a totalidade da vía autonómica de modo previo á licitación das obras de mellora da accesibilidade deste treito antigo da OU-901

18/06/21 | 11:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Narón da estrada autonómica AC-114 entre os núcleos do Val e de Baltar

Transfírense os 630 metros desta vía, que ten o seu inicio á altura do punto quilométrico 6+280, marxe esquerda, e discorre na súa totalidade polo municipio

17/06/21 | 15:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 1,3 M€ o servizo de control de calidade da auga en captacións, emisións ao mar e encoros na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

O contrato, que lle dá continuidade ao programa que Augas de Galicia vén desenvolvendo na demarcación, recolle o seguimento de captacións de auga destinadas ao consumo mediante 141 puntos de mostraxe