Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A renovación do firme da rúa Marcelo Macías de Ourense obriga a prolongar a vindeira semana o corte de tráfico nun treito da vía
A vindeira semana acometerase a extensión do novo firme na glorieta do Olivo e nos últimos 150 metros desta rúa, o que fará necesario o corte de tráfico dese treito durante dous días
A Xunta asina co Concello de Boimorto o convenio para dotar de saneamento os núcleos de Viladóniga, o Outeiro e o Pedral, cun investimento de 540.000€
A Xunta achegará o 80% do orzamento, 432.000 euros, e executará as obras, mentres o Concello de Boimorto contribuirá co 20% restante, 108.000 €
A Xunta inicia un ciclo informativo de 8 webinar sobre o Plan Hidrolóxico e o Plan de Xestión de Risco de Inundacións da Demarcación Galicia-Costa
A iniciativa, para a que na xornada de hoxe había 190 persoas inscritas, vai dirixida a Concellos, asociacións ou particulares coa fin de informalos sobre estes documentos, en consulta pública desde abril
A Xunta inviste máis de 361.000€ na substitución da cuberta e das carpinterías do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños para adaptalo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Masma ao seu paso polo lugar do Arco, en Mondoñedo
As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída para eliminar unha obstrución na ponte
A Xunta reforza desde o luns os servizos de autobús entre a Coruña e Oleiros con 56 novas conexións semanais ás praias de Santa Cristina e Bastiagueiro
Esta liña especial ás praias permanecerá en servizo ata o 31 de agosto, dispoñendo os usuarios de 8 servizos ao día desde cada cabeceira, incluíndo fins de semana e festivos
A Xunta solicítalle ao Concello de Viveiro a documentación municipal necesaria para executar e financiar as obras do senamento de Celeiro, cun investimento de 3,8 M€
Trátase dun trámite necesario para que Augas de Galicia poida acometer unha actuación que é propia das competencias municipais e que inclúe tamén a construción dunha nova condución de vertido
A Xunta adxudica por máis de 2,1 millóns de euros as obras da 1ª fase de mellora da estrada LU-231, entre Friol e Palas de Rei
Os traballos comezarán na segunda quincena de xullo e disporán dun prazo de 12 meses
A Xunta asina co concello de Catoira o convenio para minimizar o risco de inundacións nos ríos Ulla e Sar cun investimento de 300.000 €
Mellorarase o espazo fluvial do rego de Gondomil, no cruce coa estrada EP-8702, executando as obras prioritarias nesta área con risco de asolagamento
A Xunta destina 649.000 euros a rozar as marxes das estradas autonómicas en Lugo a través dos contratos de conservación viaria
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executa periodicamente estas tarefas para reforzar a seguridade en case 1.500 quilómetros de vías da provincia