Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

20/08/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa as obras de rehabilitación e posta en valor da Ponte Nafonso na estrada autonómica AC-196, entre os municipios de Noia e de Outes

A actuación integral de mellora da seguridade viaria e de conservación desta ponte, catalogada como ben patrimonial, suporá un investimento de máis de 700.000 euros

20/08/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52

Proponse a restitución do acceso deste camiño local ao novo trazado da estrada provincial OU-0516, executando un novo treito que conecte o actual coa vía de servizo da nova conexión do parque industrial coa Autovía das Rías Baixas

19/08/21 | 15:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas para a execución da variante de Mondariz

Os traballos, adxudicados por preto de 18.000 €, terán un prazo de execución de 5 meses

19/08/21 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa as obras da nova glorieta na estrada autonómica AC-550 en Xuño, no concello de Porto do Son

Esta actuación, que conta cun investimento autonómico de 322.000 euros, céntrase na construción dunha glorieta no cruzamento coas vías da igrexa e da praia das Furnas para optimizar os movementos e mellorar a seguridade no lugar do Cruceiro

19/08/21 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución das obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-636 obrigan ao corte do tráfico hoxe e mañá, ao seu paso por Becerreá

Esta actuación de mellora da seguridade viaria céntranse no tramo da vía comprendido entre os puntos quilométricos 27+490 e 31+140

18/08/21 | 16:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia mañá traballos de conservación na glorieta elevada de Sabón, no concello de Arteixo

A actuación, que se prevé terá unha duración de dúas semanas, céntrase no pintado das partes metálicas da glorieta, o que obrigará a cortes na circulación do tráfico

17/08/21 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dunha glorieta e do acondicionamento da travesía da estrada autonómica AC-550, en Noia

A actuación suporá un investimento de máis de 1,15 M€, e o obxectivo da Xunta é levar a cabo este ano as expropiación dos terreos necesarios para licitar as obras no 2022

16/08/21 | 11:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 no concello de Covelo

O contrato foi adxudicado por preto de 18.000 euros e conta cun prazo de 5 meses para redactar o proxecto

15/08/21 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra

Iniciaranse os traballos na estrada AC-413 en Ordes e nas vías AC-543 e AC-301 ao seu paso polo municipio de Rois, na provincia da Coruña

14/08/21 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polo concello de Cuntis

Estes traballos desenvólvense na parroquia de Santa María de Cuntis, nos ríos Gallo, Patela, Campo e Calvos