Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

25/08/21 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta empraza ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a aclarar se autorizou a baixada do nivel dos encoros e a establecer niveis mínimos para evitar novos riscos

Vázquez Mourelle sinala que os encoros de Portas e de Cenza, en Vilariño de Conso, se atopan ao 13 e ao 15% da súa capacidade, e o de Salas, en Muíños, ao 27%

24/08/21 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o acondicionamento da estrada AC-423 que une Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños, cun investimento de máis de 1 M€

A actuación, cun prazo de 6 meses, levarase a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito entre os puntos quilométricos 0 e 5+350

24/08/21 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme en 12 km da vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro

A realización dos traballos fai necesario o corte dun carril, dando paso alternativo ao tráfico polo outro, quedando a vía libre en horario nocturno e días non laborables

24/08/21 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-840 en Oza-Cesuras suporán afeccións ao tráfico a partir de mañá

Será necesario un corte de carril, que se realizará só durante a xornada de traballo, restablecéndose a circulación normal ao final do día

24/08/21 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a aprobación da información pública e do proxecto da nova senda na estrada PO-548 en Valga

A intervención, cun investimento autonómico de 790.000 euros, licitarase a finais deste ano ou comezos do vindeiro

24/08/21 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias supervisa o inicio das obras de mellora do firme na PO-510 ao seu paso polo concello do Porriño

A intervención forma parte dos traballos que a Xunta está a realizar para a mellora do firme das estradas PO-510 e PO-400 nos municipios do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000 euros

23/08/21 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza obras de mellora de seguridade na estrada AC-440, no treito coincidente coa traza do Camiño de Fisterra ao seu paso por Muxía

A intervención, no punto quilométrico 12+220 da estrada, consiste na execución de dous tramos de senda e a disposición de sinalización e bandas transversais de alerta

23/08/21 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que os encoros hidroeléctricos de responsabilidade da Xunta superan o 66% e que a normativa impide baixadas desmesuradas dos niveis

Vázquez Mourelle subliña a boa situación dos 11 embalses para o aproveitamento hidroeléctrico de competencia da Xunta, como o de Portodemouros ao 62,4% da súa capacidade, fronte ao 13 ou o 15% de certos encoros de Miño-Sil, de responsabilidade estatal

22/08/21 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas da provincia da Coruña e en dúas da de Lugo

Iniciaranse as tarefas na estrada AC-302 na Pobra do Caramiñal e nas vías AC-552, AC-840 e a autovía AG-64 ao seu paso polos municipios coruñeses de Vimianzo, Boimorto e Narón

21/08/21 | 11:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río da Gándara, no concello de Pontevedra

Estes traballos desenvólvense nun treito de 135 metros de lonxitude, na parroquia de Cerponzóns