Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

24/09/21 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acorda coa Fegamp ampliar o prazo para presentar achegas á Lei do ciclo da auga, que propón un modelo de axuda voluntaria aos concellos ante unhas competencias complexas

Vázquez Mourelle sinala que, para reforzar a participación, é a segunda vez que se atende a petición da FEGAMP e se amplía o prazo de consultas noutros 15 días

24/09/21 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo o aparcadoiro executado en Conxo no marco das obras de mellora da entrada do Camiño Portugués en Santiago

O novo estacionamento, cun investimento de 415.000 euros, ten capacidade para 82 prazas, máis das que existían antes na zona do Campo de Conxo

23/09/21 | 20:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra esta tarde unha xornada informativa con veciños e técnicos municipais sobre o Plan de emerxencias da presa de Caldas de Reis

Representantes da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e técnicos de Augas de Galicia explicarán o contido e as medidas previstas para facer fronte a unha eventual situación de alerta

23/09/21 | 16:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Máis de 101.500 menores de 21 anos viaxan de balde coa Tarxeta Xente Nova da Xunta, que desde que se estendeu a toda Galicia incrementou nun 25% a súa expedición

O director salienta que as solicitudes da Tarxeta Xente Nova se multiplicaron por 8 desde o 21 de maio, beneficiándose das viaxes gratuítas 22.000 novos mozos

23/09/21 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A directora de Augas de Galicia informa no Parlamento da sanción a Endesa de case 1,9 M€ polo episodio de turbidez no río Eume do verán pasado

Sinala que a sanción á concesionaria do encoro do Eume deriva, entre outras causas, do incumprimento das condicións do réxime de explotación, ao descender a cota por debaixo do mínimo aprobado

23/09/21 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras da avenida da Deputación de Sabón, en Arteixo, farán necesario un corte do tráfico na avenida da Ponte durante esta fin de semana

O corte comezará o sábado ás 8 horas e prolongarase ata as 20 horas do domingo, cando quedará restablecido o tráfico, evitando así a afección á circulación en días laborables

22/09/21 | 17:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 910.000 € as obras de urbanización da 1ª fase do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

A Plataforma Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación desta actuación para a que as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 18 de outubro

22/09/21 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de acondicionamento dos camiños de servizo da estrada autonómica OU-312 no Concello de Lobios

A intervención, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, ten un prazo estimado de execución de 3 meses

22/09/21 | 14:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de rehabilitación do firme da estrada LU-644 entre Bóveda e O Incio, ás que destinou 285.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se actuou sobre un tramo de 10 quilómetros para mellorar a seguridade

22/09/21 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da Rolda Leste de Ourense entre Bemposta e a N-525, que suporá pechar a circunvalación polo sur conectando coa A-52

Vázquez Mourelle sinala que a actuación permitirá reducir o percorrido desde Bemposta ata a N-525 e a A-52, desde os 4,6 km e 7 minutos actuais ata 1,7 km e pouco máis de 1 minuto